miércoles, 27 de mayo de 2009

Como recordo... aquela serie sobre Verdi.

O día que a emitían creo recordar que era os Venres pola noite. A miudo quedabame eu só a vela na vella TV Sanyo vermella de 14" que tiñamos na cociña. Por certo, a única.
A casa, aínda que nova, non contaba con antena de TV co cal a calidade da imaxe deixaba que desexar. A pantalla estaba chea de choiva, con todo, coa costume adaptabaste a esta visión e non che impedía seguir a película.
Sentabame frente a TV nunha silla, cunha banqueta pousada no chan para apoiar os pes e estar cómodo.
Como dicía, recordo ver unha seria sobre a vida de Giuseppe Verdi.
Atraíame do guión a historia dun home vivindo na incomprensión a espera dun feito que trocase o seu destino e lle dera popularidade. Isto é o que recordo, estar en vilo durante boa parte da película, para disfrutar dun momento máxico con Va pensiero da ópera Nabucco, co aplauso fervoroso do público.

No hay comentarios:

Publicar un comentario