sábado, 9 de mayo de 2009

Como recordo... os San Fermíns (A estancia)

Nada máis chegar fomos visitar s familiares de Manolo. Tiñan un piso bonito e limpio. Xente amable con dou fillos mellizos maiores que nos. Ofreceronnos unha habitación que aceptamos agradecidos.
Despois de Manolo poñelos o día de como estaba a familia en Galicia, decidimos tomar contacto con Pamplona.
Encamiñámonos hacia o Casco Vello e atopamos cun dos feitos máis desagradables da viaxe. Os disturbios no Pais Vasco eran tan vilentos como saían na TV. Pelotas de goma, cocteles molotov, contenedores pola rua, pedras e medo da xente. A verdade é que me impresionaron.
Durante a estancia, que realmente non sei de cantos dias foi, o incidente do primeiro día foi o único que vivimos. Polo demais entre tanta xente, da tantas razas e tribus, a convivencia era completamente amigable.
O día seguinte madrugamos para ir ver o chupinazo. Metemonos na Plaza do Concello no medio da multitude. Estabamos apretados como galiñas. Era tal a cantidade de alcohol que se bebía e tiraba que os pes pegabanseche as pedras. Chegou un momento, o subir a tempeatura, que para respirar tiñas que poñerte de puntillas e asomar a nariz por enriba de esa atmósfera de alcohol fermentado.
Alcohol, xente e festa formaban parte da identidade do San Fermín.
Había como apuntei antes xente de todas as razas e tribus imaxinables. Tenderetes e música por todas partes.
Recordo pasar horas escoitando a un grupo "De kalle" que facían versións de AC/DC, incluso lle compramos un disco. Tamén había moito grupos andinos. Un de raggee de Isla Guadalupe. Xente de Australia, Canada, Xaponeses... por certo un destes deixou unha imaxe inolvidable. Un día de mañá, perxudicado por unha noite longa, nos se lle ocurriu outra que baixar os pantalóns no medio da Plaza Iruña, xa chea de xente, e poñerse a cagar xusto diante da terraza do Café Iruña.
Nos deambulabamos día e noite deixandonos cautivar por calqueira espectaculo improvisado na rúa.
Dos encerros recordo quedar impresionado polo tamaño dos touros, e como era posible que poideran corre por aquelas rúas barnizadas por kalimotxo.
Xa digo, íamos de un lado para outro.
Recordo presenciar unha manifestación nacionalista, na que en Euskera parecían pedir por uns presos de ETA ou quiza mortos. Había unha zoa de barracas onde se facía apoloxía do terrorismo e do que trouxen cantidade de propaganda en forma de pegatinas.
De noite íamos de local en local, comendo bocadillos de Txistorra.
Recordo que nun deses locais Manolo pediu unha manzanilla. O principio non lle fixeron caso. Ante as súa insistencia o camareiro compartiu entre risas con todos o seu pedido: "el chico quiere una manzanilla". As de arredor bebedos non deixaron de rirse. Manolo ofendido pediu un Tequila que si lle serviron. O problema era que había un francés moi borracho que cada vez que o servían o tequila tiraba a bebida polo vertedeiro decindo: " el chico bebe agua". Foi difícil convencelo que non era auga.
Andivemos dando tumbos noites enteiras, as veces caiamos rendidos e dabamos unha cabezada nun parque ou nos bancos de calqueira cafetería.
Así pasaron os dias.




No hay comentarios:

Publicar un comentario