A carpeta que levabas o Instituto era unha seña de identidade. Formaba parte do teu día a día converténdose no elemento ideal para plasmar nunha ferramenta íntima parte da túa personalidade.
Recordo que na etapa do Instituto utlizaba un separador.
Cada apartado tiña a súa propia personalidade. Adornado con letras de cancións, naquela época de Ramoncín, Sabina... frases celebres o estilo "James Dean", adicatorias, algunha pegatina contestataría moi radikal... debuxos varios, mensaxes codificados...
Creo que non conservo ningunha, pero sería un traballo moi interesante recuperar as carpetas de cada xeración e facer un estudio das inquietudes que recollían. Estou seguro de atopar moitas similitudes entre as distintas decadas, pero tamén datos difererenciadores moi reveladores da evolución social.
domingo, 10 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario