
Xurdiu a idea de imprevisto e por iniciativa do meu amigo Manolo.
Sen apenas preparativos e coa única referencia de uns familiares del que vivían en Pamplona lanzamonos a aventura.
A sorpresa de meus pais foi maiúscula pero non me puxeron impedimento, tiñan confianza en min.
A idea era facer toda a viaxe en autostop, e así foi.
Recordo que nos reunimos en Porriño, ben cedo, de mañá. Puxemonos na Nacional a saida para Ourense.
O primeiro camión que nos parau era unha "bañeira" das que transportan area. naqueles días había un conflicto e non deixaban extraer area do Miño, entón tiñana que transportar desde Xinzo de Limia.
Para viaxar naquela época por carretera necesitabas encherte de paciencia e levar preparado unha variedade de temas para falar polo camiño.
Esta primeira etapa rematou en Xinzo de Limia, o lado dunha gasolinera. Apeamonos e de inmediato puxemonos outra vez a "facer dedo".
En Porriño fora levantar a man e parar un camión. Aquí en Xinzo costounos bastante máis. Despois de bastante tempo de espera, detivose un pequeno camión isotermo. Comentounos que ía para Vitoria, que si non nos importaba dar unhas voltas porOurense con el, despois levabanos.
Así foi, estivemos recorrendo varios pobos en busca de provisións, so recordo parar nunha panadería.
O señor era moi amable e adicabase a levar productos galegos para locales de hostelería no Pais Vasco.
Con el fixemos a maior parta do camiño. Paramos a comer en Castela. El de restaurante e nos comemos a beira da estrada un bocadillo.
Mentres comiamos saudounos un paisano do lugar coa frase "¡¡¡ no estroba el sol!!!". Un xeito de dicir que se agradecía o sol que facía. Son frases que che quedan grabadas. Do camiño recordo ler nalgún vello cartel "Abonad con Nitrato de Chile".
Cando digo que o chofer era moi amable e porque se portou estupendamente con nos. A medida que nos aproximabamos a Vitoria empezou a falar pola emisora, buscando algún camión que nos levase ata Alsasua. Así foi, localizounos un camión co que quedamos a beira da carretera.
Pentenciá o camión a empresa Transportes Alvarez Blanco, que tiña a nave en Puxeiros (Mos).
O camioneiro de uns 30 anos coñecía a todas as mozas da miña parroquia, e este foi o tema do camiño.
Levounos ata a desviación para Pamplona, xa que el seguía para Francia.
Alí, nda máis baixar, estiramos o brazo e "plash", parounos o primeiro coche que pasaba. Creo recordar que era un Dyane 6. Do que si estou seguro e de que levaba postos "Los Suaves" a todo volumen. O rapaz levounos encantado para Pamplona. Obxetivo da viaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario