Recordo ter unha conta nesta Caixa de Aforros na cal ía ingresando os cartos que acumulaba no peto.
A os nenos, polo menos a min, inculcaronnos a virtude do aforro como mecanismo para poder acceder os caprichos que nos tentaban.
Duro a duro, peseta a peseta, xuntábamos s cartos necesarios para comprar a bicicleta, o scalextric, a moto... o certo e que ingresaba-lo cartos sen perder a esperanza de conseguir o antoxo, aínda que o tempo pasaba e ías adaptando o obxectivo a túa edade sen alcánzalo. Primeiro a bicicleta, logo o scalextric,... máis tarde a moto.
Duro a duro, facíase imposible, pero si prendía en ti o hábito do aforro.
Nos tempos actuales dende onde o estou contando, a ausencia da virtude do aforro é unha lacra que está detrás da crise financieira na que estamos metidos.¿Quén mataría ós "porquiños"?
No hay comentarios:
Publicar un comentario