Dende que me regalaran o cassette do "Brothers in arms", convertíramae en seguidor de Mark Knopfler. Fora comprando pouco a pouco toda a súa discografía, máis cun interese coleccionista que de fervente devoción musical.
En todo caso, telos en Vigo, colmaba as miñas aspiracións de por primeira vez acudir a un espectáculo musical de primeira liña.
Foi un 20 de agosto en Balaidos. Acudín con meu primo Carlos, e entre o tarde que saímos e o caos de tráfico que nos atrapou en Vigo, chegamos encima da hora.
Non me agradou chegar sobre a hora, pois non tes tempo para ubicarte ben e non disfrutas do preámbulo do espectáculo, pois co tempo aprendín que forma parte deste deixarte levar por ese fervor "in crecendo" que te vai conquistando..
A noite, extrañamente para a época, foi de choiva, de persistente choiva.
A pesar de que houbo unha boa entrada non teño a certeza de que o espectáculo levantara moitas paixóns, polo menos a min.
Deronse duas circunstancias que poida que afecten a miña opinión. Descoñecía o albúm "On every street" que estaban a presentar e por outra parte, co tempo, cheguei a conclusión de que cidades como Vigo quedanse cortas para ofrecer este tipo de espectáculos, pois aínda que enchan o estadio, o público é variopinto e non alcanza a homoxeneidade de Madrid ou Barcelona, onde os verdadeiros fans peleanse polas entradas.
Este último aspecto fai que a comunión intérprete-público sexa total e o espectáculo redondo.
Abrían o concerto co "Calling Elvis".
miércoles, 20 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario