
A Residencia era un espacio cómodo para vivir. Un edificio antiguo perfectamente restaurado, situado a un paso do centro da cidade e a menos de 10 min. da Facultade. Tiña un claustro central axardinado. Na planta baixa repartíanse recibidor, comedor e biblioteca, así como diversas estancias para estar ou conversar. A que non recordo e si había televisión.
No primeiro andar durmián as mulleres e no superior os homes.
A convivencia era apacible e iso que había personaxes de toda calaña, pero en xeral imperaba o respeto. En todo caso, os estudiante veteranos facían labor de controlar a portería e de velar por que se respetasen as normas do centro.
O feito de convivir nun mesmo espacio homes e mulleres a esas edades engadíalle un toque de emoción o día a día.
A dificultade estribaba en conseguir aislarse de todas as distraccións e atopar a forza de vontade para concentrarte en estudiar, pois como se demostraría máis tarde, adicarlle todos os dias o estudio unhas horas, era a única garantía de superar os examenes.
Porque este é o verdadeiro shock da Universidade, atoparte, de supeto, lonxe da casa as tuas anchas, nun ambente de liberdade e con todo un abanico de tentacións para un mozo de 18 anos.
Como dicía, vivir na Residencia permitiume compartir vida con xente do máis diversa como se fósemos familia. O cociñeiro desta familia era Gervasio. Un tipo sonrinte, especilista en todo tipo de caldos, potaxes, fabadas e cun plato diario de autor: "Patatas con..."
Facendo memoria vou tentar recordar o nome ou carecterísticas dos que foron meus compañeiros:
Manuel, meu compañeiro de habitación, de Tuy. Excelente persoa. Adolfo, de Verín, loco e intelixente. Janeiro, de Vigo, divertido. Manuel, de Vigo, o primeiro falanxista que coñecín e especialista en Ouija. Creo que Javi, de Pontecaldelas, capaz de beber ata Massimo Dutti. Carlos, de A Coruña, dono da Capilla de Santa Minia (Brión). Gonzalo ¿?. Dous irmáns de Coruña, bastante chulos. Joaquín, un dos veteranos. Suso, de Vigo, Scout. Había xente de todas as partes de Galicia e incluso algún de fora. Das rapazas non recordo ningún nome en especial...
Máis abaixo deixo un tema que facia de despertador na habitación que compartíamos Manuel e Eu.
Angie - Rolling Stones
No hay comentarios:
Publicar un comentario