
Non sei a idade que tiña cando me apuntei a Taekwondo no Colexio.
Íamos moitos rapaces. A clase era no ximnasio e o profesor pertenecía o Kiap de Vigo.
Recordo as clases perfectamente. Todos aliñados, atendendo de forma marcial o profesor.
Primeiro un quecemento, estiramentos, exercicios de flexibilidade e despois ensaiar os movementos, dos que non recordo os nomes.
A min gustábame, aínda que as veces facíase aburrido porque eramos tantos que o profesor non podía prestarche atención.
Ir a clase, non sei como íamos. Regresar, teño imaxes de vir camiñando dende o colexio, camiñando e xogando, pois eramos un grupo numeroso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario