martes, 5 de mayo de 2009

Como recordo... as primeiras entrevistas de traballo.

A primeira estratexia que utilicei para buscar o meu primeiro traballo tiña dous frentes: anuncios do periódico e ETT´s.
As primeiras entrevistas que recordo sairon dos anuncios breves, co cal a calidade dos traballos ofertados eran moi pobre. Recordo ir a unha entrevista cerca da c/ Barcelona, aas oficinas de Lux ou Electrolux, creo. O tema consitía en vender aspiradoras a domicilio, pero a min parecíame un tipo de "venta cebo", no que o obxectivo era que eu lle vendera un aparato a un familiar.
Outro día citeime cunha empresa de venta de café, a dirección era cerca de Chapela, fun ata alí pero non apareceu ninguén. Tamén recordo ir a unha entrevista o Hotel Hesperia en Vigo, cuns señores que representaban a unha empresa de caldeiras, creo que de León. Gustoulle a miña disposición pero creo que me consideraron inexperto para atender o mercado dos distribuidores que querían traballar... estas foron algunhas das experiencias que derón poucos frutos pero si me axudaron a acumular experiencias e saber expoñer os meus puntos fortes con claridade e convicción, vencendo así as dúbidas.
Facendo memoria, fun a unha entrevista para unha forza de ventas, nunhas oficinas cerca de Príncipe. Eramos tantos que estabamos esparcidos polos pasillos. Outra entrevista curiosa fixena en Marqués de Valladares, da algo máis de nivel, pois foi a miña primeira dinámica de grupo.
Tamén perigrinei por ETT´s como Mampower, Alta Gestión...
En resumen, naquela época non lle tiña medo a nada e críame capaz de acceder a calqueira posto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario