miércoles, 6 de mayo de 2009

Como recordo... aquel tema do Networking.

Non sei os anos que tiña, ou estaba no Instituto ou facía pouco que rematara. A través dun compañeiro do Bus do Instituto chegoume un plantexamento sorprendente, o cal hoxe sigo sen entender pero do que recordo esceas de forma moi nitida.
Unha noite o final do verán chamaron o timbre da casa o tal amigo X acompañado de outro rapaz coñecido XX.
Baixei a atendelos e empezaronme a explicar un negocio, de forma deslabazada do que o único que recordo é que a eles lle ía fenomenal pero eu non entendía que era o que facían.
Despois de dar voltas e voltas sobre o mesmo tema polas miñas dúbidas, quedamos en citarnos no Mesón Argentino outro día.
Alí incidiron sobre o asunto, pero esta vez co apoio de outra persoa máis experimentada. Voltou a reincidir sobre os mesmos argumentos, que os meus compañeiros corroboraban con entusiasmo. A min aquel entusiasmo e o discurso mecánico e machacón non me daban confianza.
Na reunión non se produxo ningún avance. Eu funme con algo de malestar pola súa parte.
Recordo que a empresa da que falaban era "nonseique" Networking.
Polo o que anos despois aprendín, era un sistema de venta piramidal aparentemente inagotable.Por certo, ningún dos rapaces chegou a rico.


No hay comentarios:

Publicar un comentario