
COU fora un curso bastante irregular. Con bastantes folgas e disparidade de criterios entre os profesores.
O certo é que para COU apliqueime a conciencia, pois sabía que estaba en xogo o ir a Universidade e sobre todo non perder a beca. De este xeito o estudiar durante o curso, o chegar a selectividade a tensión xa non era a mesma.
Nos día previos a asignatura que máis repasei foi Historia del Arte. O profesor que tiven, Picón, tiña un método de aprendizaxe do século pasado. As súas clases eran un monólogo en torno a unha diapositiva. Falaba e falaba, misturando datos históricos coa descripción da obra, pero sen ningún tipo de emoción. Nos coa cabeza afundida sobre a libreta non dabamos a basto a escribir. El falaba e nos imaxinabamos a obra, pois non tiñamos tempo a vela.
Como dicía, nesta asignatura centrei os meus esforzos, pois era na que creía que podía millorar, pois tanto Inglés como Filosofía dabanseme mal, e as outras dominabas perfectamente.
Pero o esforzo non tivo recompesa, pois o día do examen deronme unha fotocopia a color movida. Era un Cristo Yacente, pero cunha mezcla de tonos azulados. Eu sen dudalo asociéi a obra a Picasso na súa etapa azul, e así contei a Historia.
O fracaso foi unha mezcla de mala sorte e falta de compresión da asignatura. Un desastre. En Inglés e Filosofía tamén me foi mal. En filosofía un dos autores que nos tocou foi Nietzsche , autor que o profesar se negara a explicalo.
Con todo, recordo que a nota media foi boa gracias as outras asignaturas.Do día da Selectividade, non recordo ter moitos nervios A imaxe que teño e esperando a hora do inicio e as aulas da Facultade, foi no CUVI.
Dese ano recordo como profesores a Macho (Hº Contemporanea), Rubira (Literatura e Latín), Xurxiño (Inglés) Marcelo (Filosofía), Picón (Arte)....
No hay comentarios:
Publicar un comentario