jueves, 28 de mayo de 2009

Como recordo... a experiencia QDQ (Selección)

A medida que se achegaba o nacemento de meu filo empecei a plantexarme a posibilidade de buscar un traballo que me aportase maís estabilidade e un proxecto de futuro.
Así, acerqueime un día a unha consultora, EGA, daquela na Avenida da Hispanidade. Presenteime e solicitei que me incluisen nos procesos de selección que tivesen abertos e que poidesen encaixar co meu perfil. Despois de cubrir infinidade de test tiven unha entrevista con Emilia, moi amable por certo.
Con total franqueza faloume das posibilidades que habia, en concreto tres: A primeira era traballar cunha empresa de pinturas facendo labor comercial, a outra opción era cunha consignataria de buques, como enlace comercial. Para esta descartoume de inmediato, polo escaso nivel de inglés. A terceira opción era QDQ, empresa que non coñecía e que se adicaba a un negocio para min inédito. Así foi como acudín a entrevista.
Esta desenrolouse nas oficinas que a empresa tiña na Rúa Uruguai.
Nunha mesa redonda, sentámonos Jorge Rivas, Fernando Aparicio e eu. A entrevista foi distendida con algún momento de tensión. Sobre cando inocentemente me puxen a criticar o monopolio de Telefónica para quedar ben, descoñecendo que ambos traballaran para TPI. Aínda así fun seleccionado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario