Recordo que doi unha das razóns que mais me motivou a apostar polo proxecto QDQ.
Enviaronnos 5 semanas a Madrid, a un hotel, o NH Barajas.
Unha vez alí, recibiunos un tipo, responsable de Marketing, de nome Manuel, creo recordar, todo impetu, demasiado impetu, asi durou o que durou na empresa.
Entre os formadores estaban unha xovencísima María Delgado, todo dulzura, Nacho, clavado o humorista "Flo", Carbajo, típico madrileño "ejque", e Zulueta, amaneirado e recordado pola frase "esto parece una cumbre Chechena" para definir o caos.
A parte de Roll-plays veu a dala Carlos Soláns, fundador-director comercial-resposable do plan de Excelencia dentro da empresa.
Soláns era un tipo que non te deixaba indiferente, unhas das suas perlas foi "una venta no finaliza hasta que el cliente renueva el año que viene".
Como dicía, ó curso chegamos xente de toda España: Asturianos (Miguel Angel, Javi e Isabel), de León (Javier), de Burgos (Marcos), de Valladolid (Paco e Marisol), de Canarias (Nicolás) de Madrid (Isabel), do Pais Vasco (Txema) e de Galicia (Miguel, Paco, Eu e Mario)
Logo formamos piña, porque o que maís e o que menos entraran nunha empresa da que apenas tiñamos información e coas mesmas necesidades económicas.
Tódalas tardes reuniamonos a cear nun local de tapas rexido por unha señora de Arévalo.
Pasamos momentos moi bos durante o curso. Cinco semanas dan para compartir moitas experiencias, incluso chegamos a facer unha queimada e celebrar unha cea no restauramte de meu primo, daquela en Atocha.
Tamén houbo tempo para aprender, pero foron tantos os contidos recibidos en tan pouco tempo que cando saín do curso e me enfrentei coa rúa, tiña tal confusión que non daba pe con bola.
Sobre todo co tema do UDAC: 35 SU, 70C, 55BD... o número de caracteres, a alfabetización... un gran lío.
viernes, 29 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario