domingo, 10 de mayo de 2009

Como recordo... vir dos San Femíns (A volta)

De regreso, fixemos a viaxe xuntos ata Vitoria. Alí, separamonos, xa que Manolo quería visitar unha amiga en Coruña.
Eu subín nun camión en Vitoria que viña para Galicia cargado de ferro. Eran barras de ferro de pouco volumen pero creo que de bastante tonelaxe.O conductor non era moi faladeiro.
A viaxe fixemola cunha calor insoportable. De vez en cando parabamos e o conductor mandaballe un Ginkas de limón. Recordo como se fose hoce, porque fixemos bastantes paradas. Chegou un momento que nas longas rectas de Castela o camioneiro conseguía durmir por momentos mentras conducía.
Aquela calor, os sol baixando dandonos na frente, os Ginkas... pasei algo de medo. Xa entrando en Galicia vivín momentos de tensión cando o chofer deixaba lanzarse o camión nas pendentes apurando para frenar a última hora.
Con alivio dixome que me tiña que deixar en Verín, que alí paraba. El mesmo me recomendou un hotel.
O día seguinte emprendín o regreso a casa. De Verín a Ourense. De Ourense a casa. Non teño moitos recordos dese momento.




No hay comentarios:

Publicar un comentario