
Acababa de incorporarme a autovía cando vin un coche detido o lado dereito e unha rapaza que de forma dubitativa non sabía si dar parada os coches ou non.
Para osado eu, así detivenme a ver que pasaba. O coche tiña unha roda pinchada e a moza descoñecía como cambiala, eu todo vontade, ofrecinme a axudar. Digo todo vontade porque na miña vida cambiara unha roda.
Recordo que cando rematamos xa amanecía e atopamonos con outro problema. Sen darnos conta estivemos todo o tempo coas luces prendidas co cal a batería consumírase. Despois de varios intentos afortunadamente logramos arrancar o coche.
O chegar a casa meus pais botaronme unha boa bronca, con razón, pois agardaban preocupados, xa que aínda era novato co coche. Conteilles o sucedido. E gracias que aínda traía todas as mans manchadas pois senón soaríalles a excusa barata.
No hay comentarios:
Publicar un comentario