sábado, 25 de abril de 2009

Como recordo... os primeiros meses no paro (Parte l)

Mentalmente xa levaba mes e medio asimilando a situación, co cal cando se desencadenou xa tiña un plan de acción medio trazado para manterme ocupado e reorientar a miña carreira profesional.
A obsesión era aproveitar o tempo, manterme ocupado. Penso que detrás de esta obsesión había un pouco de sentemento de culpa, o socialmente criticado "nonfacernada".
Así, a primeira opción era mellorar o meu inglés e ampliar os meus coñecementos de Marketing Online. Barallei distintas posibilidades de aprendizaxe, e acabei decantandome por fórmulas online, máis flexibles pero cun compoñente maior de autodisciplina.
Outro aspecto que me deu quebradeiros de cabeza foi adaptarme a vida familiar, pois viña dunha longa etapa de estadías fora da casa.Asumín as labores da casa e levar o peso das actividades extraescolares de meu fillo. Disfrutei de placeres descoñecidos.
Noutro post contarei como fun reorientándome e que puntos de control

No hay comentarios:

Publicar un comentario