sábado, 25 de abril de 2009

Como recordo... a miña relación cos ollos (Parte lV)

Noutro momento o que se repetirón foron as viaxes a Madrid, o Hospital Oftálmico ¿?.
Vivía coa alegría normal dun neno a viaxe en tren e a estancia nunha cidade que me producía asombro.
Recordo o seu cheiro, ou máis ben descubrir olores para min inéditos, como a sopa de sobre, as croquetas... Tamén impactabame o ritmo da xente, todos nos adiantaban..
Alí, probas e máis probas. Unha delas consistía en rallarme os brazos para facerme pequenos pinchazos. Nun dese días non sei que medicación me suministraron que me fixo perder o coñecemento.
Hai un feito comentado por meus pais curioso: "Din que tiña dificultades para expresarme en castelán, posi por familiaridade respondía en galego. Ante isto un médico becario extranxeiro para facerme reaccionar contestabame en inglés".

No hay comentarios:

Publicar un comentario