viernes, 24 de abril de 2009

Como recordo... estudiar de neno.

Na primeira etapa de EXB, recordo estudiar memorizando. Era cuestión de repetir unha e outra vez listados de palabras hasta memorizalos, xa fosen as tablas de multiplicar, os rios, as partes do aparato circulatorio, ou as preposicións...Desde moi neno gustoume aprender cousas e sempre trataba de ir co grupo dos que máis sabían.


Naquela época os rapaces despistabamonos con calqueira cousa, mentres as mozas eran moito máis aplicadas e volcadas en agradar as profesoras, algo que me molestaba profundamente.


Tanto na época das mimosas, como no maio cando florecía todo, alí viñan elas cos seus ramos de flores e esa mueca de satisfación por contar coa aprobación das profesoras. ¡¡¡ qué fastidio !!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario