domingo, 26 de abril de 2009

Como recordo... o libro "Del 1.0 al 2.0. Claves para entender el nuevo marketing"

Cada día estou máis convencido que as cousas van sucedendo cunha lóxica incosnciente. Este é o caso deste libro e a súa lectura.
Recordo que me empezaron a interesar certos temas, hasta o momento descoñecidos. Como poiden fun recabando información e facendome un pequeno guión ou estructura do tema. Cando xa máis ou menos tiña unha idea xeral do tema, chega a min este libro."Del 1.0 al 2.0. Claves para entender el nuevo marketing", un e-book de 270 pax, escrito de forma amena e accesible, ven a ser un libro iniciático para todos aqueles que queiran coñecer os principales aspectos da que quizáis pode ser unha das revolucións máis importantes desde a Revolución Industrial. A desaparición de "Producto" como motor da Marketing, para convertirse o "Cliente" no verdadeiro TODO. Levado a parte social, nace outra forma máis global de comunicarse e de interactuar unhas persoas con outras. Son 17 capítulos, cada un desenrolado por un profesional especializado, onde se dan pinceladas dun tema candente na actualidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario