jueves, 4 de julio de 2024

Como recordo .. o falecemento da abuela Rosalia

Recordo que cada semana que pasaba, entre visita e visita, iase apagando.. conservaba esa vitalidade innata pero as forzas xa non a acompañaba. Mantiña o brilo dos preciosos ollos azuis, unha menta lucida e desperta, esas gañas de erguerse ante a vida... pero tiña dificultades para comer e sobre todo para comunicarse. As visitas miñas eran o redor da comida. Alegrabase o verme, erguiase tomabame a man con forza e poñiame a camiñar o seu carón, tentando atopar a saida... semellaba percibir que a morte a ia cercando entre as paredes da sua casa, e non lle gustaba, rebelabase coas forzas que lle quedaban... iso e o que lembro da penultima visita, a seguinte vez todo mudara. Unha caida provocada por un ictus, paralizarelle a metade do corpo e impedialle comer e beber... percibia todo, a tristura conquistara a sua mirada como quen ainda ten a sensacion de deixar algo a medio facer... os dias seguintes foron mais do mesmo. Xa no hospital a situacion non melloraba. Recordo que agarrabache a man como quen che suplica que non a soltes, coa vista extraviada por unha dor afogada, eu sentia que me murmuraba cos ollos "meu filliño, meu filliño", como tantas veces me dixeran como disculpandose non ter podido darnos mais do que nos deu, foise o 2 de xullo as 2 da madrugada.. ese dia como todos eses dias, amaneceu soleado, o veran chegou con forza o sol brillaba nun ceo limpio para acoller unha estrela... Recordo que semellaba que estar triste era unha obriga, eu sentiame feliz... Feliz porque miña avoa poiderase despedir en Paz, se dor, sen ira... eu non tiña necesidade de despedirme dela, porque o que ela me regalara, acompañabame e acompañariame de por vida... regalarame unha infancia feliz, apoio e comprension na xuventude, principios para desenvolverme pola vida e certa obriga para non rendirme para non defraudala.. "juapo neno", tratara con agarimo a todolos netos e bisnetos... eu por iso estaba feliz e porque por fin ia atopar o merecido descanso a todo unha vida de loita...

No hay comentarios:

Publicar un comentario