lunes, 17 de junio de 2024

Como recordo .. a participacion de David no Trofeo Luis Calvo en Carballo

Recordo que o Torneo iniciabase o Venres pola tarde. Eu non puden acudir ata o Sabado pola tarde. Coincidia este Torneo co cumpleaños de David e o meu, co cal cheguei a tempo para deixar unhta tarta no hotel onde se hospedaban e que poidese celebrar o cumple cos seus compañeiros e outros equipos que se hospedasen ali. Nesa misma semana celebraban Alexis e Mario. Pola tarde xogaron varios partidos e o dias seguinte outros tres ata chegar a final. Recordo que este Torneo deixounos outra leccion para o futuro. Unha afrenta deste futbol moderno. Nunca estiven dacardo con Premios individuais nestas edades, creo que non benefician a ninguén... e a David tocoulle vivir unha experiencia desafortuna que si consigue encaixala facendo unha lectura positiva seguro que lle vai servir para o futuro. Pouco antes de final achegouse a min para dicirme que alguen da Organizacion lle comentara que se xogaba con outro rival da final, ser declarado MVP do Torneo. Recordo que asumino con tranquildade e so lle deseixei sorte para poder desenrolar o seu futbol. O outro neno do Sporting de Xixon, tiña calidade e fixo un bo encontro, David foi de menos a mais e estivo a bo nivel, centrado no colectivo, co cal o recoñecemento semellaba se factible... pero sempre, por vivencias anteriores, constame que estes premios case sempre distan bastante da realidade. Recordo que cando deron as alineacion había un error nos numeros, alguen se saltara un numero e David levaba o 9 outro compañeiro o 10. Cando chegou o momento de nomear o gañador, David non entendia nada, el non era o elexido, co cal a decepcion era moita. Recordo que a súa reaccion e a normal dun neno de 12 anos, que entendia que merecia ese premio e facialle ilusion recibilo... esta situacion era desagradable, para el e desagradable para quen recibía o premio.. un simple erro o transcribir uns numeros, o descoñecemento e falta de implicacion para identificar os gañadores... convertir os nenos en adultos innecesariamente pero facendo as cousas coa minima responsabilidade... e todo o qu e se desencadena un periodista que toma nota sin contrastar e fai de altavoz de un erro... recordo que non lle din ningunha importancia o sucedido, curiosamente fai unha semana falaramos de un feito semellante cando erroneamente deronlle o premio o porteiro de un equipo que practicamente non xogara cando o premiado era o seu compañeiro... asumino como algo natural nesta tolemia na que se estaba convertendo o futbol formativo.. tomeino como unha oportunide para facerlle ver que as veces un fai un bo traballo, loita por acadar o resultado experado e factores externos aleatorios ou as veces ata inxustos alonxate do resultado... cando isto sucede hai que canalizar a frustracion en enerxia, buscando pulos no tranquilidade do traballo ben feito e consolidando o convencemento de ter a coraxe para voltar a conseguilo. AFOUTEZA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario