sábado, 27 de abril de 2024

Como recordo .. a Viaxe a Praga 2024

Recordo que como Premio por ventas de vehiculos electricos, gañara unha viaxe a Praga. Saimos de Vigo as 9:20 con direccion Madrid. Ali na T4 colliamos un bo con Iberia para chegar a Praga as 14:50. En Galicia habia unha extraña ola de calor, para estar a inicios de primaveira, en Praga as temperaturas non pasaban do 8 graos. Reviunos a guia Veronica, para facer o traslado de 25 kms en autobos ata o Hotel Inside by Melia, ben ubicado no centro de Praga. No percorrido tomamos contacto cunha cidade de 1.200.000 habitantes, amplia en extension, pois non habia bloques moi altos. Nas aforas o estilo era sovietico, bloques sinxelos, salpicados de zonas verdes, cando xa chegabas o centro historico todo mudaba.. para mellor.. despois de deixar todo no hotel, reunimonos as 17:30 no hall para tomar direccion a Ponde de Carlos, pasando antes o lado da Catedral, da casa onde naceu kafka, do Concello, diversos edificios de Universidade de Praga.. unha toma de contacto cunha cidade salpicada de diversas influencias: dos xudeos, do Imperio Austro-Hungaro, art deco, cubismo.. resto do asedio Nazi e de Rusia. Actualmente o pais politicamente mostra gran afinidade con Ucrania e Israel. O 60% da poblacion son ateos, e do 40% restante a malloria son catolicos,cunha grande sede de Xesuitas, dun total de 11 millons de habitantes en Chequia. A cidade esta atravesada polo Rio Moldava, rio navegable e tamen protagonista de grandes inundacions... Pasemos o caron do rio, facendo bonitas fotos e valorando dende a outra ribeira a maxestuosidade do seu castelo... En Praga sorprendete a presencia do tranvia como o transporte mais comun, de feito son lideres mundiais na fabricacion de tranvias a traves da fabrica Skoda, que os exporta para todo o mundo. Xa na Ponte de Carlos, subimos a sua Torre para descubrir a sua historia e ter unha perspectiva do rio e as suas illas...denha ai camiñamos ato ao Reloj Astroloxico para ver as 20h a procesion dos arcanxeles.. xa tocaba cear.. ceamos ben, 3 boas xarras de cervexa, un pate rico e un filete de pavo cunha sabrosa salsa.. de postre un bizcocho seco de chocolate... facia frio.. 4 grados.. con cal regresamos o hotel Dia 2 Ergemonos as 7:30. O desaiuno era abundante e variado. As 8:30 xa iamos a nosa cita con un tranvia antigo, que nos ia recoller para achegarnos o Castelo. O traxecto foi agradable, amenizado con un musico popular con acordeon. O Castelo de Praga e unha minicidade, no seu dia habitada por 5000 persoas. E o conxunto mais amplio de Europa. Entramos primeiro na Catedral de San Vito. Preciosa, chea de mosaicos, e innumerables capelas, cada unha coa sua identidade.. a guia foinos explicando todo detalle a detalle.. continuamos visitando o castelo, entrando nas distintas estancias.. o edificio e impresionante... continuamos hacia a rua do Ouro, unha rua de casas pequenas onde vivian todo tipo de artesans a alquimistas.. semella todo un museo, casa perfectamente conservadas, con muebles orixinais de cada oficio, e pegadas a muralla do castelo, recorrida no alto por un corredor de defensa que se aproveitou como museo de todo tipo de artigos relacionados coa guerra.. armas de todo tipo etc... seguimos para visitar unha sala de tortura onde se expoñian distintos artiluxios de tortura...continuamos hacia a zona dos amplios xardins dende onde se disfrutaba de unhas espectaculares vistas de Praga. Praga esta ateigada de turistas de todas a nacionalidades, chama a atencion a presencia maioritaria de xentes con rasgos orientais. Desde este punto, poidemos observas as distintas embaixadas, notase que Praga esta na encrucillada de Europa, entre a Otan e Rusia. Unha parte de camiño, estiven despistado, vendo o partido de Futbol Sala de David, xogabase a clasificacion contra a Comunidade Valenciana, gañaron 4-1. Case sen darme conta chegomos o muro en homenaxe a John Lennon, cheo de graffitis de todo tipo. Avanzamoso pola cidade baixa, o caron do rio, nas suas fachadas ainda habia mostras das grandes inundacions, ata case 2 metros de altura. Comemos nun restaurante tipico da zona, de primeiro unha sopa e despois unha carne guisada, con un pan tipo brioche. Aceptable. Cando saimos, chovia, seguimos visitando esta parte de cidade pegada a ribeira do Rio Moldava. Fixemos un paseo polo rio en barco, durou aproximadamente unha hora.. dende ese momento ata a cena tivemos tempo libre para percorrer a cidade sen rumbo fixo.. reunimonos a 20:15 para ir cear a un local bonito, onde tomamos un variado de entrantes, e un segundo plato basado no pato, cunha potente salsa especiada..de postre unha crema con caramelo rica. Regresamos o hotel, unha copa e a durmir... Dia 3 Xuntanza a 9:30 da maña para sair ata a zona nova de Praga, nova por menos antiga. Praga esta salpicada por edificios maxestuosos, reflexo de diferentes influencias arquitectonicas.. notase que asimilou diversas culturas e tivo unha elite cultural, dominada por xudeos, cunha mente aberta.. asi chegamos o teatro onde Mozart estreou Don Giovani, e a casa onde residiu, ante a falta de comprension que atopaba en Viena das clases elitistas... seguimos camiño, ademirando os distintos edificios, igrexas barrocas, a cabeza xiratoria de Kafka, a casa Danzante.. ata chegar a unha Igrexa Barroca onde se agocha parte da historia do final da II Guerra Mundial. Ali agocharonse os valentes que asasinaron en Praga a un dos lugartenentes mais proximos a Hitler... rematomos a camiñata coa visita a un fabrica de Cervexa, nacida no 1490. Ali nos mostraron o orixen da tradicion cerveceria, e todo o proceso de fabricacion, ingredientes, orixen de estes.. etc.. comemos ali nuns amplias salon cheos de xente e con musica en directo.. tomamos unha sopa tipica, solomillo de terneira cunha rica salsa.. de postre maza con canela, que non me gustou...pola tarde tivemos tempo libre, co cal visitamo so Museo de Mucha (coñecido pola sua arte publicitaria) e tentamos visitar a Biblioteca Jesuita Barroca, imposible. Praga estaba ateigada de visitantes, non me quero imaxinar como pode ser o veran... fixemos algunhas compras antes de regresar o hotel.. Ceamos no Restaurante White Horse.. ubicado no centro, tiña uns salon soterrados que semellaban ter sido bunkers.. a cena apuntaba a fulera, a tipica sopa (auga condimentada salpicada con trozos de pato) e de segundo saboreamos un rico salmon (xa apetecia).. de postre xelado.. todo amenizado por un guitarrista.. invitaronnos a unhas copas, eu tomei unha capiroska... Ultimo dia Quedamos as 8:45 no hall do hotel. Recollianos o autobus para achegarnos o Barrio Xudeo. Praga e Polonia, reuniron as clases mais poderosas dos xudeos en Europa. Dende a epoca medieval moitos dos habitantes de Praga foron xudeos e acumularon grandes riquezas. Co cal conservanse moitos edificios de orixe xudeo, cheos de luxo. Co dominio Nazi, Checoslovaquia e Polonia foron entregadas polos seus amigos ingleses e franceses a Hitles. Co cal este paises, sen axuda externa, no tiveron outra opcion que entregarse pacificamente pois resistir non tiña sentido. O boa noticia, e que deste xeito non sufriron bombardeos e a cidade conservouse plenamente e parte mala e que os nazis actuaron con total impunidade, requisando todo a riqueza xudea, que almacenaron na sinagogas, e deportando os xudeos a campos de concentracion como o de Terezni e Auschwitz... unha das sinagogas conservadas serve como monumento a atrocidade.. as suas paredes estan escritas con nomes de todos os desaparecidos, que son recitados por unha voz o monotona cunha musica tristisima... aqui tamen se alberga un pequeno museo con restos da atrocidade.. moitos debuxos de nenos con diversas tematicas.. cartas.. maletas.. etc.. na rua diante dos edificios hai unha pequenas chapas con nomes, as veces unha, otras 4 ou 5.. nestas estan escritos os nomes das persoas de ese edificio desaparecidas...xusto o lado esta o cementerio xudeo, o mais grande que se atopa dentro dunha cidade.. o orixe remontase o ano 1500, e as persoas que neste estan enterradas, nin se sabe, pois cada vez que habia unha inundacion, e arrasaba todo, o patronato xudeo que xestionaba este espacio, voltaba a poñer a venta os terreos.. nas lapidas a xente deixa papeles con desexos.. noutra sinagoga proxentaronnos un video onde se podia apreciar todo o que no seu dia supoñia o barrio xudeo.. ali cerca tomamos un Cafe do Cafe Kafka, bonito pero caro. Visitamos a bonita sinagoga española, diante desta fixemos unha foto de grupo diante dunha estatua que reflexaba a relacion de Kafka co seu pai.. de ai voltamos en autobus o aeroporto para tomar o vo das 15:35... despois de agardar 4 hora en Barajas.. chegamos puntuais a Vigo as 23:30

No hay comentarios:

Publicar un comentario