martes, 16 de enero de 2024
Como recordo ler.. "Territorio Comanche" de Arturo Perez Reverte
Recordo que algunha que outra vez estivara tentado a ler este libro, atraido por a temática, intentar atopar un porqué da Guerra dos Balcans e por outra parte descubrir algo maís sobre un escritor con tanto exito como criticas dispares. Por ver, non cheguei a ver a pelicula que recreo o libro. Con Arturo Perez Reverte, tiña opinions encontradas, certa atraccion polos amplios coñecementos que semellaba ter e por outra parte certo rechazo a sua actitude provocadora e algo propotente. A súa aparente independencia, chocaba cunha certa falta da mais minima humanidade.. Decidinme polo libro despois de escoitar algun larga entrevista que lle fixeran no programa de Youtube "The Wild Proyect". Recordo que "Territorio Comanche" e un libro que se lee rápido, onde o autor en terceira persoa relata as suas vivencias na Guerra dos Balcans salpicandoas de outra vivencias noutras guerras. Por momento semella que se esforza en reforzar ese sentemento de alonxamento de sentementos tan humanos como a compaixon, tomar partido etc.. manten una postura neutral onde como reporteiro e un mero contador de realidade, recreandose no sufrimento de outras persoas e vendendo esas imaxes da miseria e sufrimento sen o mais minimo pudor.... e outra cara do Ser humano. Penso que o libro, poderia ser un periódico con capitulos, falto de fotografias, etc.. pouca cousa...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario