miércoles, 20 de diciembre de 2023
Como recordo ler... "Presencia e Poder" de Enrique Llado
Recordo que como, outras tantas veces, hai libros que estan agardando por ti. Semella que algunha forza extraña te vai achegando a eles dun xeito insospeitado. "Presencia e Poder" de Enrique Llado, foi regalo de un amigo, deses amigos que nunha etapa da tua vida compartiron algun tempo contigo, mais ben pouco, pero o cal lembras con cariño, por iso decides consideralos amigos. Con Alberto Cameselle compartira Instituto e amigos comuns, nunca tiveramos mais ala de unha amigable relacion e cecais compartiamos a mesma sorrisa e un xeito semellante de enfrentarnos o dia a dia. Por iso, cando a vida nos volveu a xuntar, mais de trinta anos despois, retomamos a conversa co mesma actitude que a deixaramos fai mais de trinta anos. Eu vendinlle un coche e el regaloume "Presencia e Poder" guia na que se apoiaba dia a dia. O libro e profundo, de releer, vaite cautivando pouco a pouco, tratando de reconducir os porques na nosa existencia e guiandonos polos camiños que nos permitan exercer o Control sobre a nosa vida. Libro moi recomendable.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario