sábado, 9 de diciembre de 2023

Como recordo .. os inicios de David Tempada 2023 - 2024

Recordo que todo ia seguindo unha evolucion natural. Eu buscaba informacion por todas partes e escoitaba con atencion a aqueles que estaban inmersos no mundo da formacion deportiva. Recordo que a idea que mais me cautivaba ela aquela que incidia en que o xogo e a mellor ferramenta de aprendizaxe, que todo aquilo que aprendemos nun entorno de xogo, de disfrute con paixon, queda cincelado nos mais profundo do noso subconsciente, corazon, memoria ou como lle queiramos chamar. E van ser esas fontes as que regaran a nosa creatividade, a nosa personalidade.. cando todo se iguale e teñamos que dar o mellor de nos mesmos para diferenciarnos. David ia avanzando un proceso normal, atopando el mesmo a saida dos retos que se ía atopando no dia a dia... neste momento estaba no proceso de acaparar protagonismo, de querer o balón, de disfrutalo (de por momentos sentir esa electricidade que sentia Billy Elliot), quizas pecando de indivualismo pero probando onde estan os seus limites, practicando recursos (ruleta, bicicleta, saida con ambas pernas...), crecendo para o futuro... chegaran rivais duros que pondran a proba ata onde esta capacitado e canto mentalmente esta preparado para superar a frustracion de que non saian as cousas o as dubidas tras un erro o non sentirte capaz... veremolo como o xestiona. De igual xeito vai ter que lidiar coa presion elexir un camiño propio e de querer camiñalo... as veces a incomprension dos que nos se atreven a facelo ou non identifican o camiño porano en dificultades...

No hay comentarios:

Publicar un comentario