lunes, 27 de noviembre de 2023
Como recordo .. unha fin de semana en Celanova
Recordo que de cando en vez recibia un agasallo de Rusticae. Eran uns vales para canxear en estancias en Hoteis sigulares pero que moitas veces complicaba a sua utilizacion pois non daban moitas opcions. Por casualidade e por recente apertura apareceu unha opcion en Celanova no Hotel Acouga, recen inaugurado. Algo receloso aceptei o plan de Isabel, todo cadraba, eu xogaba en Arbo, e David o dia seguinte frente o Xuventude Ourense. Recordo que estos dias facia sol, pero as temperatura baixaran e co cambio de hora as 18 horas xa era noite. Conducimos despois do partido a traves da noite pecha, dende Arbo a Celanova. Chegamos o redor das 8, cruzamos a Praza Principal guiado polo navegador do coche ata chegar a Rua Emilia Pardo Bazan diante do Hotel, ante a extrañeza dos viandantes, pois creo que a circulacion de automoviles estaba proibida. O Hotel era un edificion centenario maravillosamente restaurado, cun gusto exquisito. Tratando de conservar os seus orixen, utilizando madeira de castaño e carballo, conservando a pedra.. etc, etc.. a gama de colores era moi homoxenea e transmitia equilibrio.. as habitacions cada unha adicada unha palabra dun poema dun dos escritores nado en Celanova.. etc..etc.. reservaramos para cear na Taperia A Esmorga, ben .. tomamos unha croquetas de choco, mexilons tigre e solomillo de ternera, uns postres caseiros ricos e unha botella de Ribeiro Ramon de Casar.. disfrutamos da cena, nun ambente calido destes que che abren o corazon, asi que, disfrutamos de David, que acomadado e lexos do axetreo do dia a dia, abriuse a nos para contarnos as suas opinions e inquedanzas. Daste conta do mal deste mundo actual que deixamos que nos secuestre e nos alonxa de todo e de nos mesmos. A noite estaba fresca, asi que nos retiramos o Hotel a disfrutar do descanso. Erguemonos cedo para baixar a desaiunar con calma.. moi rico desaiuno, con mimo, fresas, piña, melon... etc.. varido de pans... David tomou ovos con beicon.. todo rico e servido en louza escollida con mimo.. asi diriximonos hacia a Igrexa do Mosteiro para oir misa.. a Igrexa impresiona, polo amplia, pola sua ornamentacion, polos sillares de madeira, polas suas xentes...atopaste co pasado.. decidimos acudir a visita guiada o Mosteiro.. foi unha gran decision.. estes dias Celanova estaba loitando por ser o pobo elexido no concurso de Ferrero Rocher.. a guia que me atendeu na oficina de turismo era un digna embaixadora... recorrido que fixemos con ela foi apaixonado, cheo de datos e de emocion para tranmitilos...Celanova e única, e raro que un Mosteiro este no medio do pobo, isto fai que sexa un elemento vertebrador e de uso popular. Quero facer un apunte personal: na miña opinion aqueles pobos que poideron gozar na presencia do clero entre eles desenrolaron un grande espiritu cultural, asi se entende que Celanova lle dera a Galicia a flor y nata dos seus escritores, moitos musicos e terra de canteiros.. San Rosendo regaloulle a comarca un edificion único, que sirve para albergar o instituto e outros usos, un claustro como lugar de reunion, paseo, actividade cultural.. etc.. a Capilla de San Miguel, as diferentes estancias.. aquel recordo como carcere de Celso Emilio Ferreiro, o Organo maxestuoso.. aqueles petalos caindo dende a su cuspide de 36 metros sobre os que reciben a primeira comunion etc.. todos os secretos agochados, ou parte deles que foron descubertos pola guia... a vida sempre te devolve as imaxes da tua infancia.. creo recordar a imaxen dunha pelicula sobre a Cidade do Muchachos de Spencer Tracy na que os nenos se tiraban en trineos caseiros.. e por momentos vin esa escena na parte de atras do Mosteiro.. a ilusion, a emocion e os recordos .. as veces confundente e fante disfrutar dos momentos de xeito. Recordo a visita a Celanova como unha experiencia moi bonita.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario