miércoles, 16 de noviembre de 2022

Como recordo ler "La ladrona de Huesos" de Manel Loureiro.

Recordo que estaba outra vez en dinamica lectora. Buscando polas estanterias algo que ler, atopei este libro que non sei como chegara a casa... Chamoume a atencion o nome do escritor, galego, e tamen a trama, ambientada no Camiño de Santiago.. asi foi como me lancei a lectura de "La ladrona de huesos". O libro esta ben escrito, modo Best Seller. Narra a historia de Laura, nena española, secuestrada polos servicios secretos Rusos na epoca da Perestroika, para un proxecto da antiga Rusia. O Nido. O proxecto consistia en raptar nenos por todo o mundo, dotados intelectual e fisicamente, para crialos en condicions de vida e formacion duras, nun proceso de seleccion natural... Laura atopase de repente xa adulta, no Camiño de Santiago, que sirve como pretexto para un derradeira mision.. misturase presente con pasado, para desenrolar unha trama chea de secretos, espionaxe, violencia... no libro en todo momento utilizase unha narrativa cinematográfica... o escritor sendo galego escribe para un publico universal e notase moito o ese formato comercial cun trasfondo de guion de cine... Moi licitas as intencions de Manuel Loureiro. " La ladrona de huesos", causou en min a mesma satisfaccion como cando ves un pelicula grabada no teu entorno por xente do teu entorno cos mesmos codigos e resultado espectaculares do cine espectaculo americano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario