sábado, 18 de diciembre de 2021

Como recordo.... o transplante de mama (Parte 4)

Recordo que mama despois de sair da UCI, xa na planta, necesitaba que alguén estivera con ela as 24 hora do dia. No momento de ir a planta, non tiñamos nada previsto co cal xurdiron algunhas tensions evitables, pois todos coñeciamos as necesidades e todos coñeciamos as circunstancias de cada un, so faltaba comunicacion, boas intencions e predisposicion o entendemento.. as veces as cousas sinxelas, as que non se necesitan falar, desencadenan situacions dificiles de asimilar.. sea como sea, abriron cicatrices en min que van ser dificiles de pechar. Cando alguén cuestiona algún puntos que supoñen pilares emocionais da miña vida, esta traicionando a lealdade hacia min, e quen actua asi con alguén para min non pode ser boa persoa... recordo que tiña claro que a prioridade e que mama sentise o noso apoio en todo momento, pois nos momentos de dubidas e inquedanzas e bo sentir que os teus seres queridos purran de ti... pero por outra parte as circunstancias laborais e familiares de cada un limitan os horarios.. por todo isto decidimos buscar axuda nunha persoa allea que poidese estar con ela o longo do dia, e nos cubrir os fins de semana e dias soltos. Recordo que entre as opcions que nos facilitaron no Hospital, decanteime por Frank, un rapaz brasileiro. Na primeira conversa con el, trasmiteume boas vibracions e tiña experiencia en pacientes deste tipo.. co cal todo apuntaba a que a decision era boa

No hay comentarios:

Publicar un comentario