miércoles, 8 de diciembre de 2021
Como recordo .. o segundo transplante de Corazon de Mamá
Recordo que ese dia tocaba revision no Juan Canalejo. Era martes 23 e ainda que no traballo andaba algo apurado fixen o posible por acudir con ela a Coruña. Despois de dubidar e tendo en conta que a consulta era a partir das 11h, decidin que iria en coche, pois dese xeito podia deixar a David no colegio e chegar a tempo a Coruña. Asi foi, saimos con tempo de chegar a Coruña con tempo para desaiunar. Mama, tomou como sempre un descafeinado con leite de soja a unha tostada, eu cafe e donettes. De seguido acudimos a consulta. Tocaba a Doctora Crespo, facia 23 anos que a coñeciamos e foi unha persoa cunha evolucion persoal moi positiva, pois cada vez tiña un trato mais achegado o paciente e moito mais afable... puxo o dia a miña nai da sua evolucion cos pertinentes axustes na sua medicacion... chegando o final, plantexoulle a miña nai firmar un papel no cal aceptaba incluirse na lista de espera para plantexar un transplante asistolia.. segun nos explicou ou eu lle entendin, dende 2016 se estaban practicando o transplante de corazons que estaban en parada e dicir ata esa data so se transplantaban organos de persoas en morte cerebral os cales o corazon no momento do transplante ainda lle latia, neste caso trasplantabase un corazon de unha persoa a cal se consideraba que clinicamente non se podia facer nada por ela (si tonteria escribo e a miña ignorancia)... miña nai aceptou firmar, pois deste xeito aumentaban as posibilidades de transplante... nestes momentos de confidencia miña nai preguntoulle a Dra que queria facer un documento de que si nalgun momento non podia valerse por si mesma deixaba nas mans dos medicos a decision.. ele dixolle que ese papel era algo parecido a un testamento de ultima vontades, comentoulle que cria que este se podia tramitar a través da traballadora social e contactou con ela.. asi tomamos direccion a cambiar a consulta para a revision do marcapasos e a falar coa traballadora social... condo estabamos ali, eu notaba que vibraba o meu telefono silenciado, eu decia para min, quen sera ese pesado que da tanto a brasa.. de repente chegou onde nos a Dra Crespo para dicirnos que aperecera un donante e que era ela quen nos estaba chamando... asi escomenzou todo de novo..
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario