martes, 30 de noviembre de 2021

Como recordo ler... "En nombre de mi libertad ¡Dejadme jugar! de Denis Boisclair

Recordo que na etapa de formacion de David como deportista unha das cousas que mais me preocupaba era como xestionar a presion que podia sufrir nese afan de mellora continua. Eu decatabame que con 9 anos David xa non era tan inxenuo, e coas miñas pregunta percibia ou sentiase esixido, co cal cada vez contestaba con mais evasivas ou debame a informacion que queria escoitar, o cal podialle xerar certa frustacion o ser consciente que non estaba respondendo o que deberia responder. Ainda que trataba de facer preguntas xenerícas como ¿que traballastes hoxe? ¿que aprendeches interesante? ¿que observacions vos fai o entrenador?... sempre acababa a conversacion cun ¿como quedastes? ¿quen marcou os goles?.. tristemente cando non estas presente semella que so os datos poden confirmar un bo ou mal resultado... Con todo isto chegou min este libro "En nombre de mi libertad ¡Dejadme jugar! de Denis Boisclair. Moi americano, algo decepcionante, nel fala de como os pais, moitas veces ante a falta de informacion repetimos os patrons de pais a fillos, os fillos a veces van aprendendo a obedecer, pero sin comprender porque deben obedecer.. e vo tentar que se olviden da necesidade de ter que demostrar algo.. o libro xira sobre un metodo de aprendizaxe baseado na repeticion de automatismos, que xenera unha tecnica que dota de confianza o deportista. Sabe o que ten que facer, e este traballo garantiza a sua evolucion. O neno necesita adquirir unha madurez psicoloxica. O deseo de compracer para se amado ten que ser sustituido polo de estar orgulloso de si mesmo e apreciar o recoñecementos dos seus esforzos. No libro tamen fala do peligro das actitudes manipuladoras que xogan cos sentementos de culpa do menor por non conseguir os logros agardados.. asi acaba vivindo na frustracion aceptando as criticas para poder seguir xogando e contando co amor dos seus pais.. esta situacion de frustracion pode conducir cando se veña abaixo a depresion ou a rebelion...tamen falo o libro do erro como unha situacion normal, solo e unha demostracion de que a tecnica ou a estratexia estaba mal aplicada.. centrarse nun enfoque correcto baseado na autoestima e diversion durante o aprendizaxe, forxando un caracter solido. Algunha conclusions positivas non libro escrito en outra cultura deportiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario