jueves, 21 de octubre de 2021

Como recordo .. ler "Robert Enke. Una vida demasiado corta" de Ronald Reng

Recordo que escomencei a ler o libro con dubidas, pois pensaba que me ia atopar a tipica biografia chea de recheo en torno a unha liña tematica sinxela. Non foi asi, esta ben escrito, ben documentado e fai que te adentres e interiorices a situacion dunha persoa encerrada na carcere da depresion. Ainda que estamos fartos de escoitar unha e outra vez que as cousas non son o que semellan, non chegamos a asimilalo. Robert Enke, un persoa dotada pola natureza para convertirse nun gran deportista, rodeado de exito e admiracion e presa dese propio exito e do seu talento innato, pois vese na obriga de ter que sempre dar un punto mais, alcanzar a excelencia cano as veces os factores que a determinan son alleos e circunstanciais.. Robert Enke, sufre asi mesmo vivir nun mundo cheo de apariencias e imaxe, onde unha persoa como el transparente e encantado de vivir na naturalidade vese na obrigada de desempeñar constantemente un papel que non e o verdadeiro. No libro repasase toda a sua carreira deportiva, de como o medo a fallerse a si mesmo e os seus o bloquea sumindo na angustia ata paralizalo, onde a inseguridade persigueo no dia a dia atormentandoo.. de como sufre el e os seres que o rodean incapaces de axudar a unha persoa que nin sequera se decide por momentos a que outros o axuden... durante a lectura de "Robert Enke. Una vida demasiado corta" a tristeza foise apoderando de min, pois plantexaste cantas veces nos atopariamos con persoas con problemas similares e que non fomos capaces de percibir.. como algún pode plantearse poñer fin a unha vida por ser incapaz de ordenar a sua cabeza e encontrar o xeito de interpretar o mundo que o rodea.. a sua lectura espero que deixe o pouso en min de estar vixilante, de que a presion no deporte acaba con moitas carreiras e incluso pode acabar coa vida de unha persoa.. que os obxectivos han de ser asimilado e desexados, non impostos nin autoimpostos... temas para reflexionar...

No hay comentarios:

Publicar un comentario