jueves, 28 de octubre de 2021
Como recordo .. ler "Mentalidad Mamba" de Kobe Bryant
Recordo que sempre aparecia entre as opcions de lectura de libros sobre deporte ou deportistas. Non me decidira a lelo antes pois non acababa de atoparlle o interese, ainda que eran moitos os que falaban de Kobe Bryant como fonte de inspiracion a sua "Mentalidade Mamba" como importante influencia. Decidira regalarllo a Carolina e quizas este feito reforzo a miña curiosidade por lelo, algo extraño pero asi foi. O libro nun principio atraete, vai desgranando a mentalidade de Kobe.. como recollia a influencia de tecnicas de outro, as entrenaba e poñia en practica.. como analizaba con detalle todo o que lle poidera aportar mellora a través de videos.. como traballaba a concentracion a traves da lectura, axedrez... como lle daba importancia a atopar mentores que o inspirasen... como lle daba importancia a como te sintes e como necesitas sentirte.. como lle daba moita importancia o postpartido, xeo, masaxes...detectar a causa das doenzas non o efecto.. "hai que traballar na escuridade para brilar na luz".. de como a Mentalidade Mamba, trata mais de como conseguir o resultado que do resultado.. non habia presion externa, sabia o traballo que tiña que facer e faciao, despois agardaba os resultados. As suas expectativas sempre eran moito mais altas que as que os demais tiñan sobre el.. asumia os contratempos como parte do xogo.. as veces adoptaba unha posicion de debilidade para despistar o rival...todo pinceladas da "Mentalidade Mamba" de Kobe Bryant.. pero mais expectativas que grandes enseñanzas.. o libro e algo decepcionante sobre todo si o comparas con outras lecturas anteriores como as de Andre Agassi, Rafa Nadal etc..
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario