Dia 1.
Saimos de Vigo as 11:30 dirección Oporto. Chegamos a Oporto con tempo de dar un paseo polas ribeiras do Douro facer un par de fotos. Comemos algo sentados a caron do rio. Oporto está cambiado para mellor... aproveitamos para tomar un café nunha pastelería.Arrancamos con tempo para o aeroporto. Cando chegamos estaba un rapaz de Parkevoa recollendo un coche, co cal aproveitamos para avisarlle da nosa chegada. O pouco tempo regresou para recoller o noso. Era cedo para coller o avion co que nos entretivemos vendo na tele o Stoke-Chelsea (1-1).Pasamos a zoa de control de pasaportes. Hai unha zoa de pasaportes electrónicos onde todo vai mais rapido. Entramos sen incidentes no avion. Non deixa de sorprenderme como Rayanair se organiza para que o acceso sexa fluido e en pouco tempo. Van cubrindo pouco a pouco o avion. O vo foi tranquilo, ainda que cun aterraxe un pouco torpe. Chegamos a súa hora. Marrakech dende o aire sorprendeme, esperaba todo mais desertico. A toma de contacto co aeroporto e de desorden. A zoa de control de pasaportes e un caos, non sabes que facer nin hacia onde ir. Por certo, antes no avion deronnos unha tarxeta individual para cubrir con todolos nosos datos para o goberno marroqui. Cando saimos da zoa de control agardavanos unha nube de taxistas cada un coa sua pancarta, por momentos dubidas se vas poder localizalo teu. Foi menos complicado do esperado. O taxista era un tipo amable que falaba un perfecto castelan. Conduciunos a sua furgoneta combi. Pronto nos adentramos no tráfico desta cidade, cadaquen se busca a vida como pode. As motos aparecen por todos os lados, a preferencia e cuestión de tamaño e so con arroxo se gaña tempo. Durante o traxecto contanos moitos detalles da cidade e do pais e vendenos moi ben o acerto da nosa eleccion. Marrakech e a porta do deserto. Cidade turistica, con 1.5 millons de habitantes. Transmitenos que esta contento co rei actual, o cal conseguiu reducilo paro a mitade e esta otorgando liberdades as mulleres antes inexistentes. Achegounos ata dentro das murallas. Presentanos a un señor que cun carro como os das leiteiras se ofrece a levarnos as maletas ata o hotel. Os poucos pasos xa me esta pedindo propina, xa preparado para isto deteñome e ofrezcome a levalas eu. O momento ponse tenso e é condo con disimulo ves o teu redor, moitos ollos misteriosos observandote, nunha rua estreita e sintes a fraxilidade de ir coa tua familia, optas por sorrir e deixarte levar ata sitio seguro. O porteador consciente da sua fortaleza pideche 50dh, eu fago tempo, el con perseverancia insiste. A entrada do Riad está camuflada, pasa desapercibida, neste momento alegraste de ter un porteador, de estar cun deles nese momento da noite nunha rua estraña, chea de xente que pinta unha estampa que nos meus estereotipos significa peligro. No Riad Nesma nos recibe un rapaz moi agradable que fala un bo castelán, danos un poucos consellos e mostranos a habitacion. A primeira impresión do que vemos e que estamos nun edificio antiguo perfectamente restaurado no que todo cheira a clásico. Saimos pronto a tomar o primeiro té que nos ofreceron nada maís chegar. Subimos a a unha fermosa terraza, coas súas mesas, un pequeno cenador e unhas vistas bastante chamativas polo novidade. Os teitos, son so iso teitos, sen a uniformidade que teñen en España e estan todos poblados de antenas parabólicas. O Riad Nesma e un edificio de 3 plantas. No baixo os locais están alquilados pois esta nunha rua que desemboca no corazón da cidade, co cal son locales con moito interés comercial. Na primeira planta esta a recepcion e o redor do patio central as habitacións. Na planta superior está unha amplia terraza, a cociña e un comedor aberto. Nesta planta e onde tomamos o primeiro te. Moi sabroso e de sabor intenso. Disfrutamos o momento con tranquilidade e preparamonos para sair a pasear. A primeira impresion e de respeto. As rúas cheas de xente. Todos pendentes de nos. As motos circulando rapido e con pericia entre a xente. Todo son comercios e todos querendo venderche. Chegamos a Plaza Djemaa el Fna co tempo suficiente para cear. Pedimos unha ensalada marroqui (tomate cortado con especias) e unha variada. Cuscus de polo (tipico plato de Cuscus) e Tajine de Polo ( un guiso de polo). O pan e soso e sirve como principal apoio da comida. Non me gusta a comida, porque non me gustan as especias. Non considero que sexan platos elaborados e non me gusta como se comen. A Plaza ten de todo e en abundacia. No centro está cheo de puestos de comida. Todos tratan de gañarte como cliente con todo tipo de artimaña. "Hola Antonio Banderas", "Hola Iniesta", "Productos de Mercadona"...Hai postos de zumos, frutos secos, señoras que te tatuan, musicos tribales, vendedores de tabaco, contadores de historias....Tomamos uns helados de limón/chocolate, mango/piña, yogourt/chocolate...
Xa cansos regresamos o Riad.
Dia 2.
Moi cedo despertounos o canto da Mezquita. Despertamos mais cedo do normal polo cambio de hora. Subimos a desayunar. Zumo de laranxa natural, cafe, leite, te. Mantequilla, mermelada (moi dulce), mel. Varios tipos de pan feitos o momento, bizcocho, hovos cocidos. Saimos a pasear sen rumbo fixo coa idea de perdernos nos miles de calexóns. Ainda estaban preparando os postos, as ruas estaban mais limpas, cadaquen limpa diante do seu posto. Ainda así os cheiros son intensos. Regatemos varias veces para comprar un xogo de te, dende os 650dh ata os 150dh. Todo e caotico. Os alimentos vendeos calqueira e en calqueira sitio. Así estivemos toda a mañá, deambulando. Visitamos a Madrasa de ben Youssef, edificio onde en outras epocas ian os xovenes a estudiar, similar a un convento co mesmo aire espartano. Un Museo cercano e unhas tumbas. E certo cando din que o atractivo de Marrakech reside na su atmosfera. Os monumentos a ver non che impactan. Si impacta ese aire medieval que rodea a cidade dentro das murallas. A anarquía baixo normas estrictas, o misterio, os oficios clasicos... Comemos nun restaurante recomendado: Le Marrachi. Moi caro. 300dh pro 2 menus a base de ensada que son vexetais (tomate, lentejas, leituga...) con especies e despois cuscus con brocheta de polo. De postre unhas rodaxas de naranxa con canela. O mellor do restaurante eran as vistas sobre a plaza a Torre de Katubia. Durante a comida volvemos escoitar o reclamo dende a Mezquita para a oración. Fano 5 veces o día, a primeira as 5:30. A plaza e esta hora era diferente. Chea de encantadores de serpes, de monos e outras atraccions. Compramos uns Converse ¿? por 80dh. De camiño o Hotel paramos nun Hotel-Spa. Entramos a visitalo. Todo era interior e escondia un curioso spa. Explicaronos o proceso a base de baños, masaxe, relaxación, todo por 250dh durante 1 hora. Pasamos a tarde disfrutando da tranquilidade do Riad. Chovia con intensidade. Saimos a cear. Ca choiva as ruas estaban vacias. Tomamos uns Kebabs e uns dulces nunha pasteleria. A noite foi moi chuviosa.
Dia 3.
Despertamos moi cedo. Fomos os primeiros en subir a desayunar. Cando saimos as ruas ainda estaban vacias. Buscamos unha oficina para excursions pero estaban pechadas. Como o día ameazaba choiva imaxino que se cambiarian os plans. Decidimos achegarnos o Palmeral e dar un paseo en camello. Negociamos un Grand Taxi (Mercedes de 20 anos) por 100dh ida e volta. O taxista, Omar, vestía cunha tunica negra. Bo conversador esforzabase por explicarnos todolos detalles chapurreando algo de castelan e moito frances. Fixo un recorrido turistico, por zoas de grandes palacetes, luxosos hoteis, campos de golf e chabolas. Por momentos tiven dubidas de a onde ibamos. O rio, casi sempre inexiste, que cruza Marrakech, hoxe baixaba cheo, arrasando con todo o que era motivo de atracción para a xente. O recorrido foi interesante. Chegomos o Palmeral onde nos esperaba a xente dos camellos. Todo o teñen organizado, coa sua comision. Fixemos un paseo de 30 minutos. Despois de regatear cobraronnos 500dh. Fomos en 3 camellos acompañados de 2 crias. A un dos camellos deixaronlle a cria atras e foi queixandose todo o camiño. O guía era moi atento e bo fotografo. Toda esa amabilidade tivo que ser compensada cunha propina. Voltamos no taxi por outra ruta, viaxe que aproveitei para preguntarlle o taxista por alguns detalles do dia a dia. Ofrecese a levarnos a Essadoira por 800dh, o Atlas por 500dh. Outra vez sera. Fixemos algunhas compras: bolis, camisetas, xogo de te... Comemos na Plaza no Cafe Frances. Alí tes que sentarte con tempo e tranquilidade esperando con calma para comer. Regresamos o hotel a descansar. Non perdoamos o te, sempre amablemente servido por Abdou e Hassan. Tivemos a oportunidade de coñecer o dono do Riad. Xoven de ideas claras e positivas para o seu pais, consciente das virtudes do pais e das súas necesidades. Comentounos o complicado que e emprender para un xoven marroqui, a falta de financiacion e as dificultades de competir con inversores extranxeiros. O seu obxectivo e suplir con atención todas estas carencias. Esta tarde decidimonos adentrar no barrio xudio, mais decadente pero cun gran encanto. En Marrakech cada compra e un teatro o cal como occidentais por moito que te prepares che costa adaptarte. Piden a "lo loco" e ti tes que ofrecer un precio moi por debaixo sen avergoñarte. Pasamos pola Praza para tomar uns frutos secos. Visitamos a Aziz, o amigo da pasteleria. A amistade xurdira a través dunha frase "¿a que hora cierras? a las 12:30. Tuvimos que voltar o sitio pois nos olvidaramos a Nintendo. Durmimos esa noite profundamente ata o inicio dos canticos. Despois volvemos a quedarnos dormidos ata mais tarde do normal.
Dia 4.
Desaiuno e camiñata. Fomos o Palacio El Badi, a Mezquita Koutoubi, adentramonos nunha nova zoa comercial, onde descubrimos un fermoso cine antigo. Regateamos nunha hervoristeria, visitamos un Hamma, camiñamos polo Marrakech da vida cotian. Cos seus parques, os nenos xogando na rua....fixemos as últimas compras para preparnos para o regreso. As 16:30 acudiu o taxi a recollernos. Chegamos o aeroporto con moito tempo, pois non tivera en conta o cambio de hora. Pasamos os trámites en problemas. A viaxe foi tranquila. Chegada a Oporto. Recoller o coche e volta a casa.
domingo, 17 de abril de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario