martes, 28 de septiembre de 2010

Como recordo... a viaxe a Roma.

Dia 1.
Saímos as 8:20 da casa dirección a Santiago. Levounos mue pai ata o aeroporto. Chegamos a tempo para tomar un café, pois esta vez si fixera o Checking a través de internet. Fixemonos unha foto ante a porta de control. Pasamo os controis sen problemas de peso... e curioso como as normas fluctuán de un sitio a outro.
Xa no avión, saimos con puntualidade. Tocame sentarme o lado dunha parella de Lugo, que viaxan a Roma para facer un circuito pola súa conta por Florencia e Venecia. Xente agradable. El traballa en Vilamiño, antes traballara en Allplas.
Isabel e Serxio sentaronse o lado duna moza de Sicilia que regresaba de visitar a una amiga da Coruña.
Aterrizamos sen problemas en Ciampino. A xenta aplaude na aterraxe e máis todavía ante o cariñoso recibimento que fai a tripulación os recen chegados a Roma. Rayanair esmerase por facer agradable as viaxes.
Compramos os billetes do Terravision. Temos que esperar. Estamos en Italia, pais latino. Vivimos unha disputa diante do autobús entre unha parella de ancians e o chofer, pois según semella, esto debeu rasca o vehículo dos ancians.
A maioría dos coches son Fiat ou Alfa, chama a atención.
Na viaxe no autobus pasamos por diante dun Hipodromo e duns resto de Acueducto. Entramos en Roma sin enterarnos, cando nos damos conta estamos en Termini.De ahí camiñamos ata o Hotel por unhas rúas con mala pinta e cheas de emigrantes. A primeira impresión do hotel e boa, sorprendeno o bo aspecto. Os recepcionista son agradables e falan español, marcannos nun mapa a ubicación do hotel, do metro e don principais sitios a visitar. Todo un detalle. Subimos a habitación, que é moi comfortabel. Descansamos un momento para dispoñernos a ter o primeiro contacto coa cidade.
Imos en metro ata Termini e de aí o Coliseo. Sorprende a súa altura, enorme. Facemonos fotos que cando as ves, cres que estas vendo postais. O entorno e impresionante.
Entramos no Coleseo sen facer colas, ventaxa da Roma Pass. A verdade, e que se entra sen moito control aparente.
Xa dentro vendo e vivendo o Monumento, invadente múltiples imaxes do cine, e imaxinaste o Coliseo cheo de xente unha e outra vez. Subimos os anfiteatros e contemplamos as coleccions de traxes de época e outras reliquias. En calqueira esquina de calqueira maneira aparecen restos de columnas e pezas de todo tipo. Historia.
Xusto diante está o Arco Constantino. Subimos o Monta Palatino. Conmove imaxinarse a vida do Foro, cando esta era a capital máis grande do Imperio. No alto hai unha igrexa-capela da que descoñezo datos.
O redor do Coliseo atopamonos recen casados que veñen facelas fotos ante este monumento. Algún incluso semellan ser extranxeiros.
Camiñamos por un entorno único hacia a Praza de Venecia. O Monumento a Vittorio Enmanuelle e im-pre-si-o-nan-te.
Xa se fai tarde e dende aqui collemola linea 780 ata Trastevere. O seu percorrido discurre entre restos histórico como o Teatro Marcelo... ata chegar as orillas do Tiber para cruzar a ponte. Xa no Trastevere, decido pedir recomemdación dun restaurante nunha farmacia. O farmaceutico, tipico romano, recomendanos o negocio que esta xusto o lado. Xerame algo de desconfianza, pois dame a impresión de que nos esta recomendando ó viciño. El esmerase por xerarnos confianza. Facemoslle caso e acudimos a un local chamado The Mirror. Esta totalmente vacio, e ten un aspecto algo extraño, local vello reformado con estilo moderno. Aceptamos que a camareira no suxira. O trato dende o primerio momento e exquisito. Pedimos unhas pizzas variadas. A comida é excelente, o trato maravilloso e o precio sorprendente. Comemos ata reventar e pagamos 17 euros sendo o máis caro a bebida con diferencia.. Como estabamos cansos, buscamos a parada para regresar. A miña falta de habito de andar en bus sempre me xoga a mala pasada de que os buses non paran todos na mesma parada. Xa pillado o truco, collemos o bus ata Termini, para regresar en metro o Hotel. Antes de ir durmir decidimos tomar uns xelados e un capuccino. Os cafes en Roma son un timo e máis se decides ocupar mesa para tomalo. Con cara de estafados decidimos ir dormir, o dia foi longo e estamos esgotados.
Dia 2.
Poucas veces desayunei nun hotel que tivese un buffet tan amplio, sobre todo en frutas. Todo estaba fantástico menos os zumos. Esta primeira comida fixemola con tranquilades sabendo que tiñamos un dia longo por diante.
A temperatura era ideal para camiñar. Fomos en tren ata a Plaza do Popolo. Na estacion atopamonos cun cego e o seu can lazarillo, quedeime maravillado contemplando o comportamento do animal.
O entorno da Plaza e espectacular. Esta chea de Indios-pakistanies vendendo rosas. A xente gañase a vida como pode e con talento. Poñenche a rosa na man como un regalo, ofrecense para facerche fotos, esmeranse en que te apropies dela como se fose un regalo e antes de irte reclamanche o precio, Isabel picou, e inda rimos un cacho.
De ahí camiñamos por unha zoa populosa chea de tendas de moda hacia a Plaza de Spagna. Xa había postos de castañas e discubrin unha forma de cortalas cun cutter moi práctica e decorativa. Por certo en Roma chamoume a atención de que todos os postos callexeiros estan rexentados por extranxeiros sexan do que sexan. Vimos tendas caras de todo tipo, chamounos a atención a de Lois Voitton, cunha escaleiras espectaculares.
Subimos o Monta Trinita, coa súa Igrexa. Serxio fixose unha caricatura. Eran as 11 horas e era a terceira que facia o caricaturista, non esta mal o negocio.
Mentras esperabamos observei como se estaba rodeando un video. Un ancian chegaba nun BMW, baixaba e achegabase a balconada para ver os teitos de Roma. Podia ser un video de despedida ou a localizacion de exteriores para unha pelicula.
Empezou a chover, cobixamonos no posto do caricaturista, comentounos que serían uns minutos e asi foi. Por si acoso, compramos un paraugas de colores.
Camiñamos hacia a Fontana de Trevi, parandonos nos postos de souvenirs.
A Fontana estaba chea de xente. O meu lado unha nai italiana comenta cos seus fillos a escena da "Dolce Vita". A Serxio estusiasmalle a Fontana.
De aí camiñamos hacia a Plaza de Venecia. Encontramonos cunha excursion de indios. As parellas maiores non perden detalle da explicación do guia. As mais xovenes fotografianse cos coches de luxo que van atopando. Camiñamos o seu lado un treito obsevandos. Pasamos por diante da Columna de Trajano e facemos fotos diante do Monumento a Vittorio Enmanuelle.
Voltamos o Trastevere para comer. A idea era facelo nunha pizzeria que vimos abarrotadoa o dia anterior. Estaba pechada. Como xa era tarde decidimos ir a comer a The Mirror. Tomamos pizza, calzone e foglione, todo exquisito e barato. O pero foi que pedin unha copa de viño que non me gustou e cobraronme 5 euros. Carisimo.
Decidimos ir camiñando pola beira do rio ata Isola Tiberiana e de aí ata Santa Maria in Cosmedin. Non esperamos na enorme cola ante a Boca da Verita. Vimos a antigua capilla e camiñamos ata o Circo Massimo. Enorme espacio no medio da cidade. Maravillame que se conserven estes espacios entre tanta especulacion,
Collemos o metro ata Termini, e probamos a subir na recomendada linea 64. Vai a tope. Decidimos baixar a uns metros do Castelo de Angelo. Callexeamos por Roma ata a Plaza Nuovona. Punto de reunión de artistas. Chamame un ancian que fai play-back de opera totalmentes ensimesmado. Divertimonos con espectaculo de Chufo.
Disfrutamos un bo rato do entorno. Seguimos xa de noita ata Campo de Fiori, no sin antes tomar un zumo regular nun posto duns rapaces surfistas. A zoa era moi populosa. Pasamos por un local do Partido Comunista Italiano.
Complicamonos un pouco para atopar un bus que nos leve de regreso a Termini. O día foi logo e o cansacio acumulase.
Dia 3. San Pedro.
Intentamos madrugar, as 7, pero o cansancio acumulase e non saimos ata despois das 9.
Na nos estación Manzoni, collemos a linea A dirección Battistini. Estaba a tope o metro. Coincidia inicio de semana e que hoxe era gratis a entrada o Museo Vaticano. Baixamonos na estacion Octtavio. Gran afluencia a esa hora e enormes colas para entrar. Camiñamos hacia San Pedro. A plaza e enorme. Como en casi todolos sitios cando estas alí, veñenche a cabeza múltiples imaxes. Facemos cola para entrar, esta avanza rápida a pesar dos filtros nos scaneres. O control non semella excesivo.
A Basílica impresiona polas súas dimensión e luxos, pero non encerra a máxia espiritual dunha catedral, ten un aire máis tribial. O publico e variopinto, relixioso e non relixioso, non tes a sensacion de estar nun lugar Sagrado. Uns fotografía, outro debuxan, algún reza...
As 11 hai ceremonio relixiosa exclusiva para un grupo de holandeses. O lugar son alcanza sensacion de magnetismo co inicio dos coros. O guardas fan un pasillo por onde sae unha coorte de sacerdotes entre os que semella ir un cardenal. Vai empezar a misa. Ainda que hai espacio, obriganhe a seguila dende a barreira. Decidimos continuar a visita. Entramso hacia o Museo da Basilica. Hai unha pedra onde estan esculpidos os nomes de todos os Papas co seu periodo. Non entramos no Museo.
Saimos para acceder a entrada de Cupula. Quedannos 561 escalons para chegar o alto. Na mitede ves a cupula hacia dentro da Basílica, a xente parecen formigas dende o alto. Seguimos ascendendo por escaleira mais estreitas e inclinadas. Cando chegas o alto as pernas resintense. As vistas dende arriba son impresionantes. Vese toda Roma e a magnitude do Estado Vaticano. Non me canso de facer fotos.
Cando baixamos notamos o cansancio acumulado na ascension. Vamos hacia o Museo Vaticano, Semella que hai menos cola. Guías de todos os paise ofrecense a organizar rutas guiadas con acceso sen colas por 15 euros/persoa. Eu decido esperar, foran unhas 2 horas. Isabel e Serxio saen da cola para descansar. Cando chegamos a entrada teño que avisalos para que veñan. A xente dase conta e formase un revolo, un mozo monta un motin acusandonos e saín do paso dicindo "Toilet, boy, toilet...", foi un momento gracioso de tension.
Accedemos o Museo, que é un edificio impresionante. O obxetivo e a Capela Sixtina e así vas percorrendo todas as salas. A coleccion de escultura é inagotable, da para votar unha semana dentro vendo esculturas, tapices, pinturas, os teitos... Riome pensando nos datos que tiña Serxio das escultura gracias os debuxos animados de Hercules. Cando chegas a Capela Sixtina estás agotado.
Despois de enviar unhas postales dende o Vaticano, saimos. Tomamos un helado e collemolo metro para Termini. Tomamos a linea H para Trastevere. Cenamos da Pizzeria que estaba a tope nos días anteriores. E tipica, tipica, pero no fondo decepcionoume, quizas porque tiña moitas espectativas. Co estomago cheo marchamos para o hotel.
Día 4.
O despertador sonou a 3:30. Saimos do hotel as 4:10. Camiñamos por Roma de noite, silenciosa, so nos cruzamos con algunha xente que ía a traballar. Eu tiñalle respeto a esta camiñata polo horario e porque o barrio non me gustaba. Chegamos a Termini con tempo para coller o Terravision. De aí a Ciampino ben cedo. Desayunamos por poucos cartos.
Embarcamos a hora. O viaxe foi moi tranquilo e chegamos con 25 minutos de antelación. Federico o encargado de cabina, era un rapaz moi agradable... a sua parrafada de benvida foi moi agradabel.
O media maña estabamos na casa.
Todo perfecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario