viernes, 5 de junio de 2009

Como recordo... o equipo Panadería La Mercedes.

Houbo anos de un gran fervor polos torneos de futbito no verán.
A política deportiva da zona enchera os barrios de pistas deportivas. Estas aproveitabanse polas Comisións de Festas ou Asociacións para organizar torneos.
A modalidade era liguilla con eliminatorias finales. Uns xogabanse en 24 horas no fin de semana e outros o longo dun mes, pola tarde entre as 8 e 10 da noite.
Do primeiro que tivemos coñecemento foi do de Santa Filomena. Xuntámonos uns cantos e decidimos formar un equipo. Non tiñamos nin patrocinador nin equipaxe. Para isto fomos falar co dono da Panadería La Mercedes. Amablemente dixonos que foramos a Deportes González, que o encargaramos e lle pasaramos a conta.
Eleximos o color amarillo con letras negras.
Que recorde o equipo formabamolo: David, Juan, Oscar, Billy, Dani, Lois, Rubén e Juani.
Fixemos un bo torneo, pois alcanzamo-lo terceiro lugar. A copa evidentemente demoslla o patrocinador.
Este equipo foi a base para o que despois sería Casa Panadeiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario