Houbo unha época na que na Illa de Arousa celebrabase un festival de música alternativa nun espacio natural incomparable, o Alén Rock.
A primeira vez que acudín recordo que víñamos dunha boda. Podedes imaxinar o panorama.
Verán, día de calor intenso, explanada chea de polvo, punkies pululando e eu cos meus pantalóns de pinzas remangado e os meus zapatos de suela.
Cando chegamos estaba tocando un grupo naquel momento descoñecido, Platero y yo. Eramos poucos os que seguiamos o concerto. A xente prefería descansar a borracheira do día anterior na praia, lugar máis apetecible nese momento.
Nos acudiramos para ver en directo Los Enemigos e a Dover.
Nesa edición houbera bastante controversia pois estaba programada a actuación de Soziedad Alkoholika e fora cancelada, co mosqueo da cantidade de punkies que se achegaran.
Foi unha experiencia interesante, estar nun ambente Indie vestido de Pimpim.
miércoles, 3 de junio de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario