viernes, 8 de mayo de 2009

Como recordo... ir a clases de Bailes de Salón.


As veces para coñecer ata onde chegan os teus limites, non tes máis que botarte para diente e retoupar coa realidade.
Sempre intuín que non tiña moi bo oido para a música, aínda que me costaba admitir a incapacidade que tiña para bailar, pois aparentemente era coordinado pero faltaba o aspecto clave: sentido do ritmo.
Recordo acudir as clases de Baile de Salón no baixo do que foran Talleres Lagomóvil.
A maioría dos alumnos eran mulleres e as parellas de baile rotaban semana a semana. O principio inda dín asimilado algúns pasos, pero a medida que avanzabamos eu xa non atinaba con nada que non foran os pes da miña parella. Un desastre.
Todos eles, fachendosos, bailando coa cabeza alta e a mirada perdida o frente, e eu de tropezón en tropezón sen deixar de ver para os pes para non perder o paso.
Ante tal despropósito non durei moito no curso e abandonei.


No hay comentarios:

Publicar un comentario