jueves, 7 de mayo de 2009

Como recordo... facer autostop.

Aficioneime o autostop no Instituto por duas razóns.
A primeira, é que eran habituais as Folgas, co cal suspendianse as clases e aproveitaba para regresar para a casa. O autobús do Instituto non voltaba ata a hora de costume, e o "coche de linea" pasaba a unha distancia considerable. Por este feito, o máis cómodo era baixar a carretera nacional e facer autostop, ou poñernos no cruce preguntando directamente se ían para Porriño e nos levaban.
A segunda razón, é que o autobús pola maña pasaba moi cedo, co cal as veces perdíao. Facía autostop na parada e case sempre pasaba algún veciño que me levaba.
O autostop era un xeito de coñecer xente. Polo xeral a xente que paraba eran extrovertidos. Nin que decir ten que facer autostop cunha compañeira era éxito seguro.
Como anecdota recordo que unha vez nos parou un minúsvalido que manexaba todo coas mans. Por un momento dubidamos se baixar. Eu nunca vira cousa igual.
Tamén sempre comentabamos o típico "maricón" que paraba e que aproveitaba cada cambio de marcha para tocarche a perna de forma tímida.
Co tempo reflexionas sobre os riscos de facer autostop, pero no so aportaba comodidades senon tamén un toque de aventura.


No hay comentarios:

Publicar un comentario