miércoles, 29 de abril de 2009

Como recordo... a miña bicicleta Orbea.

Regalouma meu tio Manolo, pero non estou seguro de cando.
Foi quizás o mellor regalo que me fixeron na miña vida. No seu momento fixome un privilexiado entre os meus amigos, pois era o único cunha bicicleta con cambio de piñóns.
Recordo perfectamente a sua descripción: cor violeta, con pedaletas, cambio de 4 marchas, levaba unha pegatina de "Ciclos Otero", o seu tamaño era intermedio.
O principio dinme bastantes golpes nas "miñas partes" o intentar baixar, pois chegaba moi xusto o suelo e sempre pegaba ca barra do cuadro.
Durante moitos anos foi a miña fiel compañeira. Digo durante moitos anos, porque non voltei a ter outra bicicleta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario