jueves, 30 de abril de 2009

Como recordo... ler "El Alquimista"

Escoitara falar con moita paixón de Paulo Coelho como escritor, pero nunca me atrevera con ningún dos seus libros.
A verdade e que o coñecía por algúns artigos de colaboración en revistas e había algo no seu xeito de escribir que non me atraía.
Por fin, decidinme con "El Alquimista" e a miña primeira sensación despois de leelo e que non me cautivou, digo isto baseándome no feito de que costoume rematalo.
A trama do libro é atractiva: "Un pastor que o deixa todo para entregarse o dictado dos soños e ir tras a súa "Leyenda Personal". Así vai aprendendo a escoitar o "Lenguaje del mundo", a entender "El Alma del Mundo" nunha viaxe didáctica para descubrirse un mesmo".
Pero o argumento faise machacón o longo do libro, carente de emocións que te manteñan en vilo, pois o final sabese desde o principio.
De cada libro gustame extraer unha "perla", de este podería ser cando dí:"... daba gracias... por encima de todo, por haber encontrado una mujer del desierto, que le había hecho entender que el Amor jamás separará a un hombre de su Leyenda Personal"


No hay comentarios:

Publicar un comentario