jueves, 5 de agosto de 2021
Como recordo .. a viaxe a Salou Portaventura
Dia 1. O dia anterior David fixera a Primeira Comunion. Erguemonos con tempo para preparar as maletas, 3 maletas de 10 kilos. As 12h tiñamos todo preparado, e pasamos polo novo traballo de Serxio a despedirnos del, que non podia vir con nos. Despois de repostar (40 euros), diriximonos hacia Vioxo a visitar a miña aboa, que non pudera acudir a Comunion, e levarlle algo de marisco e uns detalles da comunion. Chegamos o redor das 2, comemos uns ricos ovos fritos, e logo arrancamos direccion Coruña, por Santa Comba e Coristanco... chegamos logo para aparcar no Parking que reservaramos por 27 euros, 7 dias. Fixemos cola para facturar as maletas, pois Vueling permite facturar o equipaxe de man sin coste, unha comodidade, pasomos o control sin problemas. Viaxar na etapa post COVID era unha incertidume con curiosidades... na porta de embarque, espacio pequeno, a xenta apelotonabase sin distancia, iso si con mascarilla, a entrada o avion era ordeada como sempre sen distancias e o avion ia a tope... arrancamos puntuais e chegamos puntuais.. Barcelona recibiunos con calor.. Vueling funciona ben si todo vai ben, se hai algun problema todo e mais complexo.. foime imposible anular o billete de Sergio e poder recibir un abono...nin telefono, nin email... Xa no Aeropuerto Josep Tarradellas, demos algunha volta para atopar a ofina de Goldcar. Outro problema, a reserva estaba a nome de Isabel, e feita a través de un revendedor, según Goldcar era necesario facer o contrato a nome de Isabel e coa tarxeta o seu nome, senon como non podian bloquear a fianza, tiñamos que pagar 165 euros de seguro a todo risgo.. un sinsentido, ela estaba presente, eu estaba presente, a reserva fixerase con unha tarxeta o meu nome.. despois de moito discuter vesta tesitura de mandalos a merda, perder o pagado e quedar sin servicio ou tragar co que che din.. o final abonamos os 165 euros do seguro e 123 de fianza por combustible...Bastante cabreados tomamos direccion o Hotel Best Cap Salou. A verda non sei que ruta tomamos, autopista e bastante cara... Isabel reservara a traves de Booking, 2 adultos sin nenos, 733 euros.. o chegar atopamonos que tiñamos que pagar 256 euros a mais por o neno.. como na reserva en principio non tiñamos penalizacion, anulamos en contratamos directamente co hotel, por 786 euros.. cousas curiosas deste mundo moderno.. O hotel estaba nunha zoa completamente turistica pero cun bo sentido estético.. edificacion de poucas alturas, organizadas, con amplios espacios verdes e respetoa pola arboleda.. deixamos todo no hotel e achegamonos a un Pizzeria cercana, La Piazza.. ainda que xa era tarde, fixeronnos un oco e atenderonnos rapido e ben.. pagamos 27 euros por 2 pizzas e unha auga grande.. as pizzas ricas de masa fina, non tiñan nada que envidiar a algunha que tomamos en algun dos viaxes a Italia.. cansos, fumos durmir.
Dia 2
Despois de pelexar con aparato de aire acondicionado, conseguiramos durmir placidamente... Tocounos unha habitacion espaciosa, limpia, moderna, con unha boa terraza e moi ben ubicada, nun terceiro piso e frente o mar... Nada mais despertarnos e asearnos baixamos a desaiunar.. atopamos un comedor cheo de xente, ¿onde esta o COVID?, cheo de familias con nenos pequenos, e gran cantidade de franceses, maioritariamente de orixe magrebi...o desaiuno tipo buffet tiña unha gran variedade e con boa calidade nos productos, fantasticos, pois para nos debía ser a comida mais importante do dia. Subimos a habitacion a prepararnos para disfrutar das instalacions, xa que a temperatura era fantastica dende primerira hora da maña. O hotel contaba con un excelente mini parque acuatico, ideal para nenos e maiores, asi como unha piscina mais grande, outra zoa de spa, ximnasio, zona de xogos.. xente de animacion, espectaculos para maiores, acceso directo a una cala, con boa area, chiringo, zoa de rocas, e pouco masificada.. o hotel era fantastico .. e por riba estaba rodeado de varios restaurantes tematicos non caros e algun supermarket de precio sorprendentes.. auga de 1.5 l a 0.70 euros, increible, unha Heineken de lata fria a 1.20 euros.. este hotel, Best Cap Salou e unha opcion moi recomendable... estivemos disfrutando dos tobogans ata as 16h.. despois saimos a comprar algo de comer, para ir comer o lado da praia.. buscamos unha zoa comoda nas rochas dende onde poder zambullirnos e nadar disfrutando da excelente temperatura da auga no Mediterraneo. O redor da 8 hora subimos para prepararnos e sair cear.. optamos por ir a The Fox And Hounds en Salou, guiado por a relacion criticas precio que tiña en Tripadvisor.. todas estas aplicacions para min estaban perdendo relevancia dende que se masaficaron e dende que o factor comercial sustituiu o caracter altruista de compartir informacion...o sitio non tiña nada especial.. pedimos unha ensalada de polo (mala), unha pizza (peor), uns Nuggets para David (5 euros por 5 nuggets).. o que se salvou foi que probamos un pouco de comida india, a base de arroz e un polo con unha salsa en base picante e con mango e coco.. estaba rico.. con bebidas.. 46 euros, iso si o cameiro de orixe hindu, excelente, bo vendedor... Decidimos dar un paseo por Salou, que estaba ateigado de xente, grupos de xoves extranxeiros bebendo de todo, con sin mascarilla.. ¿onde esta a Covid?.. compramos uns helado ricos na Xelateria Farggi e demos un paseo, xa que a noite era agradable.. de ahi volta o hotel..
Dia 3
Intentamos madrugar, pero costa, estando de vacacions.. ainda asi conseguimos erguernos as 9:30.. David decidiu tomar un desaiuno de guiri: ovos, beicon, tortas... compramos algo de comida, pan Bimbo e fiambre e tomamos direccion Portaventura. Hoxe en dia manexas moita informacion, asi que cando tes que tomar unha decision produceche ansiedade, pois nunca tes a conviccion de ter valorado tomas as opcions, cada indecision suele costarche cartos.. Portaventura estaba a escasos 5 kms co cal si tiñamos que meter o coche no parking igual nos interesaba ir en bus ou taxi.. finalmente levamos o coche e busquei aparcamenteo nos arredores sin moito problema.. outra dubida o hora de comprar as entradas, 1 dia, 2 dias.. 1 parque 2 parques.. finalmente collemos entradas para 3 dias e coa posibilidade de ir os 3 parques; Portaventura, Ferrari Land e Aquario...total 228 euros, aproveitando o desconto de Isabel.. Nada mais entrar primeiro susto, perdin a entradas, menos mal que me din conta rapido e pudemos desandar o camiño andado e atopamolas no suelo.. Os parques a medida que os vas visitando causanche menos sorpresas, pois mais menos sabes o que te vas a atopar, outra cousa e velos nos ollos de David.. ainda asi Portaventura causa moi boa impresion, pois todo esta moi ben cuidado... Asi como entramos atopaste co Furius Baco. Decidimos escomenzar no Tutuki Splash, primeiras colas e distancias de seguridade inexistentes.. e primeiro remollon, a David encantoulle.. Mais adiante adentramonos no Sessamo Aventura e David disfrutou de varias atraccions.. Mais adiante e despois de agardar uns 40 minutos puden ir no Shambala, unha das atraccions estrela...mais tarde con David disfrutamos de El Diablo (El tren de la Mina) e despois de Stampida que a David impresionoulle.. intentamos coller sitio no Teatro Chino, pero media hora antes xa non habia localidades.. aproveitando que non habia colas subin o Dragon Khan e de ai fun o Silver River Flume onde agardei con David mais de 1 hora, un pouco decepcionante..eran xa a 19:30 e a esa hora xa escomenzas a estar canso.. na zona do Far West empezase a animar todo, e acudimos a ver o espectaculo do Oeste, algo floxo.. Xa anoitecendo voltamos o hotel para darnos unha ducha, comer algo e descansar.
Neste dia para recordar, como anecdota. Levaba uns dias o runrun de que David ia ir para o RC Celta. Fran Toimil insinuarame que preguntaran por el, un futuro compañeiro dixerallo a David e eun estaba algo inquedo porque o Santa Marina non nos dixera nada.. As 14h decidin chamar o Presidente do Santa Marina, non me colleu, as 14:30 chamoume Fredy para confirmar o interes. Curiosa coincidencia.
Dia 4
Erguemonos con gañas David e eu, hoxe tocaba disfrutar outra vez do parque e Isabel quedaba no hotel e praia. Collemos algo de comida para pasar o dia e saimos direccion Ferrari Land. O parque e un pequeno tributo a Ferrari. As atraccions xiran en torno a Ferrari. Optamomos por Gran Race Maranello, onde David pudo disfrutar da conduccion por unha pista guiada. A verdade e que un parque e unha proba para os nenos, xa que eles viven na inmediatez co cal estas esperas son a antitese do que estan acostumados. Si a cola en Maranello foi larga, a espera para acceder a Fliying Dreams puxonos a proba. Eu creo que estivemos unhas 2 horas agardando pacientemente, por momentos estivemos a punto de abandoar. O final mereceu a pena, David a alucionu coa viaxe fantastica por as principais cidades do mundo, cheas de sensacions: cheiros, sobresaltos... A principal atraccion do parque e Red Force, pero David non podia ir, pois tiña que medir mais de 1,40cms.
Tomamos direccion Portaventura. David subiu a distintas atraccions: a Cobra Imperial, Waikiki.. tentamos ir o Dragon Khan pero por centimetros non daba o 1,40m .. de ahí achegamonos o Angkor, onde pasamos un rato divertido, fas un recorrido nunhas barcazas pola auga... estas van equipadas con pistolas de auga, coas que apuntas a distinton blancos e o mais divertido, tratas de mollar os ocupantes de outras barcazas.. saimos mollados como pitos...de ai continuamos de atraccion en atraccion.. facendo distintas fotos.. parando nos coches electricos e voltando o Far West para ir no Tomahawk e voltar a Mexico para volver a subir no El Diablo, asi fomos pasando a tarde.. fixemos a ultima intentona no Dragon Khan co mesmo exito.. eu si puden ir outra vez..por ultimo achemono a Street Mission, longa espera, e unha atraccion para nenos, na que fas un percorrido, e vas disparando cunhas gafas a obxectivos e compites co despois de tomar un xelado e unha auga, o redor da 20:30 saimos e chegamos a tempo de darnos un refrescante baño na praia.. aproveitamos para facernos unha bonitas fotos no atardecer.. Despois de ducharnos, decidimos achegarnos a Cambrills para cear.. Cambrills e un pobo turistico cunha fermosa praia e un longo paseo.. non atopamos onde cear, o certo e que era algo tarde.. antes de marchar compramos uns trozos de pizza por 5.6 euros.
Dia 5. Como sempre, durmimos ben , con calor paro ben. Ducha e desaiuno contundente, yogurth de fresa rico con trozos de piña, pan con mermelada, dulces, zumo de piña, fruta, cafe... De ai marchamos hacia o Caribe Acuatic, fora unha boa decision compra entradas para 3 dias, 3 parques.. as 12 estabamos disfrutando do parque, cheo de piscinas, tobogans de todos tipo.. pasamos por tobogans con colchonetas, outros en grandes hinchables, uns abertos, outros pechados, piscinas con olas, rios para percorrer..etc.. salvo en 2 que estaban restrinxidos a unha altura superior de 1,40m.. David pudo ir en todos.. disfrutamos a tope ata a hora de peche..as 18h... intentamos volver a entrar en Portaventura pero xa non era posible.. marchamos directos a Cambrills para poder disfrutar do seu paseo, dunha praia chea de campos de voley, futbol, colchonetas.. tomamos uns xelados que compramos en Sirvent e disfrutamos da posta de sol dende o seu bonito Porto Deportivo.. voltamos hacio o hotel, compramos unhas pizzas na Pizzeria La Piazza e algo de bebida e fomos comelas para a praia... a noita estaba preciosa e a praia moi tranquila.. de ai para a cama...
Dia 6
Hoxe tocaba visitar Tarragona, xa que o dia anunciaba choiva.. desaiunamos, collemos algo de fruta para o dia e saimos hacia Tarragona. Tarragona e unha cidade amurallada, con restos arquitectonicos de moitas culturas, pois a sua situacion privilexiada no Mediterraneo fixo que sempre fora de apetecible colonizacion.. por dentro da muralla a cidade recorda as cidades italianas do norte, con esos tons ocres, os ventanais, a pedra das suas ruas.. trasmite como cidade, boas vibracions.. en xeral esta parte de Cataluña gustoume moito, ben construida, respetando as alturas, homoxeneidade arquitectonica, espacios verdes, amplitude.. por outra parte, bo trato hacia o turista en cantos precios...estivemos deambulando por dentro da muralla, achegamos o balcon sobre o Porto e Anfiteatro.. o redor das 15 horas, decidimos ir hacia La Pineda, localidade turistica.. a praia tiña bandeira vermella, según nos dixo o socorrista, por olas, correntes e medusas... abortamos o intento, e voltamos pola costa o hotel para disfrutar dos tobogans.. asi estivemos ata que escomenzo a chover, tivemos que subir a habitacion.. contra o final da tarde despexou e achegamonos a praia para disfrutar por ultima vez da excelente temperatura do Mediterraneo...loge se empezou a atisbar tormenta.. fixemos unha preciosas fotos o lado do mar e subimos a habitacion.. xa a vo recaudo, desatouse unha tormenta virulenta.. choveu con intensidade con rachas de vento moi fortes... esa noite queriamos facer unha boa cena de despedida, tivemos que abortar a primeira opcion, pero a casualidade levounos a optar polo Restaurante Las Brasas en Salou.. unha boa opcion, acolledor locar rexentado por un burgales.. aceptamos a sua suxerencia, uns entrantes a base de morcilla, salchichas, pimentos etc... de plato contundente un chuleton fileteado de un kilo moi rico, riquisimo.. algo de viño, cervexa e postre... 81 euros.. foi unha boa eleccion...
Dia 7
Tocaba regresar a casa. Onte chovera con moita forza e os estragos notabanse.. o ceo estaba despexado pero a temperatura enfriara bastante.. logo de desaiunar tomamos direccion Barcelona por unha autopista bastante mais barata, 10,50 euros. Chegamos con tempo de facer unhas poucas fotos con David o redor do Camp Nou e comprar algun agasallo do Barcelona. Saimos directo o parking de Goldcar a devolver o coche.. de ir con tempo para o embarque, todo se complicou no proceso automatico de facturacion de maletas, estanse tratando de eliminar tantos procesos de forma acelerada con todos os atrancos da despersonalizacion.. a trancas e barrancas conseguimos embarcar en hora.. a viaxe foi comoda, incluso durmimos algo...O chegar a Coruña tivemos a sorte de que estaban facendo PCRs gratuitas.. as cales fixemos con resultado negativo.. Galicia recibianos con choiba e un tempo que non se correspondia con veran...
Gastos: Vuelos 466, hotel 786 , coche 334, Portaventura 228 ..Gasolina 80.. comida, cenas, otros ... Total 2295
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario