jueves, 5 de agosto de 2021

Como recordo .. ler "El Gran Gatsby" de F. Scott Fitzgerarld

Recordo que "El Gran Gatsby" era un titulo constantemente anotado. Tardei en decidirme a lelo pois os escritores americanos non me inspiraban moito interes, pois considerabaos algo superfluos.. algo tiña leido e estaba convencido de que o estilo era moi cinematografico.. conclusions as que un chega que posiblemente sexan moi pouco consistentes.."El Gran Gatsby", e unha historia de amor, de superacion, de critica social, de perdedores.. Gatsby, un home feito a si mesmo, como se revela no final do libro, dende ben mozo traza un plan de mellora persoal, de ambicion de aspirar a achegarse a unha clase social superior, nunha sociedade moi clasista... nun momento cruzase o Amor na sua vida, o que non pode aspirar, que reactiva de forma enfermiza esa necesidade de acceder a unha clase social onde non e ben recibido.. fai todo por achegarse a un mundo de ostentancion, traicions.. como se le no libro.. "onde todo se suadan con gran efusion sen recoñecerse, onde os nomes se esquencen no mesmo momento que se escoitan...".. Scott Fitzgerald fai un relato casi periodistico dun momento da historia de EEUU incidindo nas diferencias Este-Oeste, nas diferencias de clase, no peso da ascendencia que aplasta a minima calqueira intento de acceder a un clase social superior, do uso e abuso dunhas persoas sobre outras.. do amor puro tantas veces soterrado por un Futuro mais seguro.. pinceladas sociais e unha palabra "..., muchacho"

No hay comentarios:

Publicar un comentario