sábado, 6 de febrero de 2021
Como recordo.. ler "La peor parte" de Fernando Savater.
Recordo experimentar a sensacion de que hai libros que chegan a tua vida porque hai unha forza interior que te dirixe
hacia eles. A vida por momentos apreta e as dubidas poñente en apuros.. asi activase ese espiritu de supervivencia que non
te deixa caer e acudes neste caso a buscar nas experiencias de outros as respostas que ti non atopas. Buscando e buscando
cheguei a Fernando Savater, persoeiro, sobre o que sempre tivera tentacions de coñecer a sua obra pero do que non lera
nada. Apartabame del a idea que tiña del como "pensamento predemitadamente provocador". Vencendo a reticencia e polo que
apuntaba o libro, escomencei a ler "La peor parte", pois prometía ser un relato autobiografico centrado no amor e na
perdida. O libro e facil de ler e dividese en duas partes ven diferenciadas cun neso común: a base de latigazos vai
desfollando o diario da sua relacion co seu amor "Pelo cohete". Na primeira parte, mais doada de escribir, Fernando
Savater a corazon aberto, relata como o amor a veces xurde entre espiritua libres que se repelen e o mesmo tempo xiran un o redor do outros nun baile eterno que por momentos deixate sen alento. Como as relacions se cimentan nunha lealtade que nace do mais profundo, sen necesidade de sabelo todo e avarcalo todo.. Como un avanza pola vida madurando ideas e abandonando bandeiras ideoloxicas que te cegan e desorientan como acne de xuventude..
Na segunda parte de "La peor parte", rematei lendo malamente entre bagoas.. de repente, sen ningunha explicacion cientifica nin racional un tumor devastador presentase na tua vida para acabar contigo pouco a pouco.. non atopo explicacion que xustifique tanta crueldade. Fernando Savater vai describindo o que xa sabemos. Como nos rebelamos ante a certeza, agarrandonos a mentiras piadosas. Como non hai palabras que aplaquen o sufrimento e calmen a desesperanza.. como so esa mansa "enerxia" que xurde de moi adentro vainos reconciliando con miradas, con leves suspiros, con .. como se apaga a vida e con ela outras vidas...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario