jueves, 11 de febrero de 2021

Como recordo... como a vida vai abandoando a vellez

Recordo ir visitar a miña aboa, menos do que me gustaría. Ata que un dia te atopas que lle custa recoñecerte, que onde habia vitalidade e ledicia por verte... todo muda a certa desesperacion ante un final cada vez mais certo... tristeza que semella despedida, unha voz apagada, un corpo que se vai encollendo e unha enerxia que te vai abandoando. Recordo que me contou miña tia, que unha noite de madrugada ergueuse, vestiuse como xa non era capaz de facer, colleu unha zapatillas de reposto e unha bata,saiu a escuras, pechou a porta, baixou a escaleiras... ese Algo que te alerta, espertou a miña tia, non a atopou e saiu a buscala... atopouna xa caron do portal, nunha humida noite de febreiro.. dixolle que xa estivera na sua casa e iba para outra casa.. tal vez a casa onde naceu.. quen sabe.. neses derradeiros dias semella que un escarba no mais fondo dos seus recordos voltando o que xa non está.. será tal vez unha forma de achegarte o que esta por vir.. será que hai outra vida onde nos reencontraremos cos que xa non estan... sera ou ogalla que sexa..

No hay comentarios:

Publicar un comentario