miércoles, 11 de noviembre de 2020

Como recordo os curandeiros (parte 1).

Recordo como pintoresco ir con meu tio aun curandeiro, creo recordar cerca de Celanova. Meu tio tiña soriase, e non lle daban atopado solucion, coas molestias que iso lle provocaba e sobre todo os reparos esteticos cando traballaba cara o publico. Seguramente alguen lle recomendara acudir a este curandeiro. A viaxe dende Pontevedra fixose longa. Recordo estar ali ven entrada noite, moita xente esperando. A casa era pintoresca, chea de matices.. recordo unha escea, ruido de galiñas e sair o curandeiro e decirlles; " señoras calense¨... os curandeiro semellaban un enlace entre a ciencia e a bruxeria, outro xeito de Fe. Xente cunha sensibilidade especial ou coñecementos de mediciña popular, que as veces curaban non sei se fisica ou espiritualmente. Tamen moito impostor xogando coa ignorancia e desesperacion da xente. De todo habia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario