sábado, 28 de noviembre de 2020
Como recordo.. ler Once Anillos de Phil Jackson
Recordo que o singular 2020, a Pandemia, a enfermidade de miña nai, tantos factores externos incontrolables tentando desestabilizarme, animaronme a reencontrarme conmigo mesmo. Primeiro foron charlas TEDx, despois charlas El Pais, entrevistas de radio en El Faro... ata atoparme de nova coa lectura e disfrutar dela. Asi caeu nas miñas mans "Once Anillo". Repaso das experiencias de Phil Jackson como xogador e adestrador, ese liderazgo baseado na naturalidade. Falando dende o corazon. Suavizando o ego. Deixando que cada persoa se desenrole según a sua natureza, dandolle os medios e alimentando esa natureza. Creando mecanismos que potencien a liberdade. Renunciar o mundano. Unha respiracion, unha mente. Enfoque dende a compaixon. Potenciando o espiritu frente o resultado. As veces hai que dar un volantazo. Se dudas non fagas nada. O importante e o camiño, non a meta. Buscar a inspiracion en calqueira parte. Observar con 5 sentidos.. potenciar a persoa... disfrutei da sua lectura.. unha experiencia vital que vai mais ala dos titulos.. baseada en construir equipos dende as persoas e de xestionar talentos unicos como Michael Jordan e Kobe Bryant .. xusto cando remato a lectura coñecese a morte de Diego Armando Maradona...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario