miércoles, 20 de noviembre de 2019
Como recordo.. aquel dia en Santiago de Compostela
Recordo que era Novembro, e que ese outono estaba sendo especialmente chuvioso, como os de antes, con días enteiros de choiva constante, por momentos moi intensas e durante horas continua.
Recordo que nos quedaba parte dunha tarxeta de Rusticae e para esgotala decidimos ir durmir a Santiago e pasala noite ali. Saimos despois de eu ir xogar, tarde, pasadas as nove de noite e despois de pasar polo ceminterio a deixarlle un ramo a avoa de Isabel. Tomamos direccion Santiago chegando ali as 22 horas. Reservaramos no Hotel Altair, hotel de poucas habitacions no Casco Antigo, edificio clásico Compostelan ben restaurado. A habitacion amplia e moi acolledora. A noite estaba preciosa para percorrer Santiago cunha choiva suave e continua que dotaba as ruas de pedra de un encanto especial. Tomamos direccion o Obradoiro, logo chegamos e fomos saltando de local en local disfrutando duns ribeiros acompañados por ricas tapas... a noite de Santiago ten algo diferente, que o percibes no vestir, nesas tabernas reformadas que conservan algo de tempos pasados, na musica, nas conversacions, ... asi deixamonos levar ata entrada a madrugada.. regresamos camiñando aparentemente sen rumbo polas ruas deixandonos cautivar por unha cidade cun embruxo maxico no que a penumbra da noite pola pedra silenciosa so por momentos e alterada polo repicar da choiva sobre algúnha lata ... deitomonos o redor da 1 e durmimos placidamente ata as 9:30... cando espertamos seguia chovendo.. tiñamos o desaiuno incluido, a base de zumo de laranxa, fruta, pan torrado con mermeladas naturais, cafe etc... saimos co tempo xusto para ir a igrexa de San Franciso a Misa do Peregrino.. misa chea de ledicia ambientada por un coro e os nenos que se preparaban para a primeira comunion... seguia chovendo cando saimos e asi paseamos pola cidade vella con calma.. atopamonos por sorpresa co meu amigo da infancia Carlos, a sua muller Ainara e a sua filla Elena.. tomamos direccion o Museo do Pobo Galego do cal tiña boas lembranzas de unha excursion na miña infancia.. a entrada era gratuita de 11h a 14h, pero chegamos con pouco tempo para empaparnos da esencia do Noso.. David tivo tempo de entreterse pinchando cancions e sons tipicos galegos.. decidimos ir camiño de Padron para comer, non pudemos comer na Parrillada que escolleramos, asi que comemos no Hotel Scala.. boa eleccion, tomamos parrillada de carne, con verduras a brasa, milhojas e flan.. todo por 52 euros... boa atencion, rico, precio axeitado, cun mal detalle, que che cobren pola auga do grifo 2,10 euros... con choiva ainda tomamos direccion para ir votar nunhas novas eleccions nacionais convencido de que non servirian para moito mais que para saber canto respaldo ten a independencia en Cataluña.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario