viernes, 17 de abril de 2015

Como recordo... a viaxe polo Norte de Portugal - Tras os Montes

Recordo que despois de un mes de intenso traballo, con excitacion familiar (notas Sergio)etc... desexaba coller uns dias de vacacions. Decidimos marchar a coñecer a rexion de Tras Os Montes, norte de Portugal. Saimos o redor das 12 horas,camiño de Verín para logo direxirnos a Chaves. Guiados polo Tripadvisor, decidimos comer na Quinta da Cera. Pedimos medallons de vitela con salsa (entrecot a la pimienta) e bacalao con pimentos. O mellor a ensalada. Sen postre e con cafes. 36 euros. De precio ben, o servicio mellorable. De ahí tomamos camiño de Valpazos, ata Mirandela. Carrreteras de montaña sen o encanto dos nosos montes... chegamos o Hotel Spa Alfandega da Fe a media tarde. O enclave era ideal, tranquilo, cando saimos o balcon doian os oidos do silencio. O hotel feito con bo gusto, inacabado e algo descuidado. Fixemos unhas fotos, fomos a piscina a darnos un baño, descansamos e saimos a cear a Marcelo dos Cabaleiros. Decantamonos polo Restaurante A Brasa, tardamos en dar co sitio. Local con bo aspecto, a tope, e boa atencion. Tomei unha Francesiña, especialidade da casa. Eles picaña e unha ensalada. De postre xelado de vainilla e tiramisu de frutas salvaxes. Unha manzanilla. 44 euros. Algo caro pero correcto. A noite foi longa. Despertamos varias veces. O silencio era extraño e de vez en cando interrumpiase polos silbidos do vento. Levantamonos con tempo para desaiunar. O desaiuno era completo e nunha sala con boas vistas.Recollemos todo e tomamos camiño de Miranda do Douro por unha carretera de montaña. Desta zoa de Portugal chamame a atencion as bos infraestructuras, hai boas casas ou polo menos non se ve miseria, contrario a idea que eu tiña. Os montes están ben cuidados, aproveitados, boas carreteras e pobos mais ou menos organizados, a man de Europa chegou e utilizouse ben, ou a man da emigracion. Mirando do Douro como pobo historico fronteirizo ten o seu encanto. Compramos mel na feira do bolo doce e paseamos polas suas esquinas. Comemos no Resturante Joao. A tope. Atendido por persoal español, mozos. A comida exquisita. Bacalau a brasa e frango, cunha ensalada e postres. 45 euros. Algo caro, pero servicio rapido e boa atencion. Desposi de comer arrancamos cara Braganza. Decidin ir por carreteras secundarias, boas carreteras pasando por pobos do mais variado, aparentando unha decente calidade de vida. Chegamos a Braganza con tempo de revisitar os exteriores do Castelo e camiñar pola sua muralla. Fixemonos unhas fiotos e fomos hacia centro. Pouco que ver. Entreivemonos vendo xogar a David nun parque. Tomamos direccion Macedo dos Cabaleiros buscando o Hotel Muchacho. Hotel renovado con excelente aspecto exterior. Diseño eficiente e cheo de modernidade. Moi boa atencion na recepcion. Descansamos un pouco antes de sair a cear. Decidimos ir a un lugar que se anunciaba como Rodicio, pero que non pasaba de ser un locar de comida rapida. Tomamos algo lixeiro por 25 euros. De ahi a descansar. Espertamos con tempo de recoller todo e baixar a desaiunar. O desaiuno excelente, con mimo. Tostadas con aceite exquisitas, variado, moi atentos, bo cafe...todo feito coa intencio de satisfacer o cliente. Unha boa eleccion por 60 euros.Demos unha volta polo pobo buscando onde comprar aceite e non atopamos algo que nos convencese. Lembrei que vera un cartel que indicaba un Museo do aceite en Cortizos ¿?... circulamos hacia o pobo, pasando por zoas que pouco a pouco se ian cubrindo de olivos. Chegamo e o museo estaba cerrado. Un veciño aviso a dona do que parecia un Pazo (Cortijo). Atendeunos rapido e se gañas de nos mostra nada, pagamos 18 euros por unha garrafa de 5 litros. Comentounos que os seus fillos ian vender aceite a unha zona cercana a Ourense.. voltamos a toma rumbo a Vila Real pola autovia, por certo gratuita sempre que tomes a primerira saida antes do pobo. A media maña chegamos a Vila Real, para darnos un pequeno descanso e pasear polo casco antigo do pobo, fixemos algunhas fotos e comprobamos o curioso deste pobo que se eleva entre dous profundos surcos marcados polo rio. De ahi saimo direccion Fafe por unha preciosa carretera de montaña con vistas espectaculares. Avanzamos comprobando como os microclimas van definindo o territorio. Comemos en Fafe, mal aconsellados por un señor que gritaba moito, falloume o instinto. Aconsellounos un lugar cerca do estadio. Restaurante Joao, sitio de comidas vido a menos, enorme pero vacio. Tomamos o que había, carne asada con patatas.. mal pan... non tomamos nin postre. 18 euros. Saimos rapido direccion a Braga. Tardamos algo en dar con centro comercial onde esta Primark. Bo centro comercial, amplio e con moita oferta, cheo a revosar a pesar do bo dia que facia. Fixemos algunhas compras, tomamos uns xelados, xogamos con David e tomamos camiño de España. Chegamos as 22 horas, 980 kilometros despois.

No hay comentarios:

Publicar un comentario