Recordo ir a praia de neno os Domingos a ultima hora da mañá. Bañarnos en Cesantes cun agradable cheiro a croques.
Cesantes con marea baixa deixaba o descuberto unha enorme tira de area, salpicada de innumerables cunchas, coas que tiñas que ter cuidado, pois escalazaban os pes.Por contra se te adentrabas no mar tiñas que camiñar un bo treito pisnado un pastoso fango ata que a auga te cubrise por encima da cintura.
Cando eres neno no tes apenas medos, pois camiñaba decidido polo fango sen medo a atopar algún animal descoñecido ou topar cun ancora.
Pasabamola mañá xogando o futbol na orilla, dando algunhas brazadas na auga ou si tiñamos sorte e había algunha gamela preto da orilla, mergullandonos desde enriba..nolvidable aquel cheiro a croques e os baños de mañá-
No hay comentarios:
Publicar un comentario