miércoles, 5 de noviembre de 2014

Como recordo... ler "El Medico" de Noah Gordon

Recordo que tiña grandes expectativas respecto a este libro.A trama paracía boa, para sumerxerte nun mundo cheo de matices culturais e moitos camiños por onde viaxar mantendo o lector sempre en alerta. O discurrir do libro vai deixando unha sensacion agridoce, incompleta, sempre falta a algo, profundidade, son tantas as fontes, que o escritor non ten necesidade de profundizar demasiado co cal a historia vai trancurrindo nun fluir insulso. E a historia de motivacion por ser medico de un xoven ingles, na oscura epoca medieval, que na busqueda dun coñecemento pleno adentrase nunha viaxe a Oriente, mamando das diferente creencias relixiosas e dos atrancos que estas van poñendo a constante busqueda do home de respostas cientificas en campos deixados a mans de deus... como conclusion o libro presenta unha socidade islamica mais avanzada que a cristiana, pero onde se apuntan comportamentos oscuros que acabaran por minar os adiantos do momento. Unha sociedade cristiana, na que se apunta a incapacidade de frear a ansia por descubrir do home, e unha sociedade xudea, vivindo a duas augas e aberta a todo aquilo que os poida beneficiar... por outra parte a medida que avanza o libro, percibese unha sensacion de que o autor Noah Gordon, non sabe como poñer un punto e final, como concluir unha historia que foi incapaz de desenrolar cun fin claro e concreto. Resumindo, un libro que costa acabar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario